Acción dramática

A acción dramática é o conxunto de feitos ou actos, que conforman o argumento dunha determinada obra teatral; esta definición podería presupor equiparar a acción ó desenvolvemento temático, mais non é exactamente iso a acción dramática (no teatro), si o sería se só atendésemos ó texto, pero o teatro é tamén representación: a acción dramática é o soporte esencial sobre os que xira a noción mesma do espectáculo teatral,

é o desenvolvemento do tema,
é a representación escénica e
é a configuración caracteriolóxica dos personaxes.

A acción dramática posúe unha natureza especificamente escénica xa que só pode realizarse por medio dos elementos que entren en xogo na representación concreta dunha determinada obra; a acción é o dinamismo que xorde do desenvolvemento do conflito argumental; en suma, a xénese e resultado final do propio espectáculo, concibido como expresión totalizadora dun xeito singular.

Tipos de acción editar

  • Acción ascendente versus acción descendente: se a sucesión de circunstancias acontecidas ata a resolución en catástrofe é veloz, a acción é ascendente. Se, pola contra, observamos unha ralentización ó nos achegarmos a unha solución, a acción é descendente.
  • Acción representada versus acción narrada: cando a acción está modalizada pola voz dun narrador falamos de "acción narrada". Cando a acción cobre todo o ámbito da representación sen que haxa ningunha figura intermedia entre a representación e o espectador, falamos de acción representada.
  • Acción interior versus acción exterior: se a acción está mediatizada e é interiorizada polo personaxe, falamos de acción interior; en cambio, a experimentada por este desde o exterior, sorprendente ou non, denomínase acción exterior.
  • Acción principal versus acción secundaria: a acción secundaria corresponde a unha intriga complementaria da acción principal. En xeral, cando a acción se centra na progresión do personaxe principal (protagonista), pode ser considerada acción principal.
  • Acción colectiva versus acción individual: frecuente nos dramas históricos ou na traxedia, a acción colectiva é unha forza social que encamiña a heroes ou protagonistas a encarar o seu destino ou o destino do seu pobo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Barrientos: Tiempos y drama. CSIC. Madrid 1991.
  • Kunt Spang: Géneros literarios. Ed. Síntesis. Madrid 1983.
  • Pavis, Patrice: Diccionario del teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Ed. Paidós. Barcelona. 1980

Outros artigos editar