Abuso sexual infantil

Abuso sexual de menores, abuso sexual infantil ou abuso sexual de nenos é unha forma de abuso infantil na que un adulto ou adolescente máis vello usa un neno para a estimulación sexual.[1][2] Formas de abuso sexual infantil inclúen pedir ou forzar o neno a participar en actividades sexuais (independentemente do resultado), exposición indecente (dos órganos xenitais, mamilas femininas, etc) a un neno coa intención de satisfacer os seus propios desexos sexuais, ou para intimidar o neno, ter contacto físico sexual cun neno, ou usar un neno para producir pornografía infantil.[1][3][4]

Os efectos do abuso sexual de nenos pode incluír depresión,[5] ansiedade, trastorno de estrés postraumático complexo, propensión de máis vitimización na idade adulta, e lesión física no neno, entre outros problemas. O abuso sexual por parte dun membro da familia é unha forma de incesto e pode resultar en trauma psicolóxico máis serio e de longo prazo, especialmente no caso de incesto parental.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 U.S. National Library of Medicine, ed. (2 de abril de 2008). "Child Sexual Abuse". Medline Plus. 
  2. "Guidelines for psychological evaluations in child protection matters. Committee on Professional Practice and Standards, APA Board of Professional Affairs". The American Psychologist 54 (8): 586–93. agosto de 1999. PMID 10453704. doi:10.1037/0003-066X.54.8.586. 
  3. Martin J, Anderson J, Romans S, Mullen P, O'Shea M (1993). "Asking about child sexual abuse: methodological implications of a two stage survey". Child Abuse & Neglect 17 (3): 383–92. PMID 8330225. doi:10.1016/0145-2134(93)90061-9. 
  4. "Child sexual abuse definition from the NSPCC". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018.  (en inglés)
  5. Roosa MW, Reinholtz C, Angelini PJ (febreiro de 1999). "The relation of child sexual abuse and depression in young women: comparisons across four ethnic groups". Journal of Abnormal Child Psychology 27 (1): 65–76. PMID 10197407.