Abel (nome)
nome masculino
- Este artigo trata sobre o nome propio, para o personaxe bíblico véxase: Abel.
Abel é un nome propio galego de varón. Aínda que non hai certeza da súa procedencia podería vir do asirio habel (fillo). O nome levábao Abel, o segundo fillo de Adán e Eva. En 2011 levaban o nome 2101 residentes en Galicia[1]
Personaxes editar
- Abel Caballero, político galego
- Abel Gance, director de cine francés
- Abel Pacheco, Presidente de Costa Rica
- Abel Paz, anarquista español
- Abel P. Upshur, político norteamericano
- Abel Janzoon Tasman, explorador holandés
Notas editar
- ↑ "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018.