Abdul Fata al-Sisi

(Redirección desde «Abdul Fatah al-Sisi»)

Abdul Fata Said Husain Khalil al-Sisi (en árabe: عبد الفتاح سعيد حسين خليل السيسي), nado no Cairo o 19 de novembro de 1954, é un militar e político, presidente de Exipto desde o 8 de xuño de 2014. Anteriormente foi comandante en xefe das Forzas Armadas Exipcias e mais tamén ministro de defensa entre o 12 de agosto de 2012 e o 26 de marzo de 2014.[1] Como xefe das forzas armadas xogou un papel principal na caída do presidente Muhamed Mursi durante o golpe de estado de 2013 logo das masivas protestas contra Morsi e o seu goberno. O 26 de marzo de 2014 anunciou a súa candidatura a presidente nas eleccións de 2014,[1] que gañou.

Abdul Fata al-Sisi
Nacemento19 de novembro de 1954
Lugar de nacementoO Cairo
NacionalidadeExipto
RelixiónSunnismo
Alma máterEgyptian Military College e United States Army War College
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeEntissar Amer
FillosMahmoud el-Sisi
PremiosOrde do Nilo, King Abdulaziz Medal, Kuwait Liberation Medal, Kuwait Liberation Medal, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Order of the Friendship of Peoples, Grand Cross of the National Order of Merit (Guinea), Order of the Republic, Ordem do Mérito (Egito), Order of the Virtues, Ordem do Infante Dom Henrique, Order of Mubarak the Great, National Order of Merit, Order of Makarios III, National Order of the Ivory Coast, National Order of Merit, Gran cruz da Lexión de Honor, Order of the Star of Sinai, Collar of Honour, Order of King Abdulaziz al Saud, Order of Al-Khalifa e Ordem da República da Sérvia
Na rede
https://www.presidency.eg
IMDB: nm6861911 Facebook: AlSisiofficial Twitter: alsisiofficial Instagram: alsisiofficial Youtube: UCMmV9xKBt-XU0eqU9BS3_4w WikiTree: El-Sisi-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Abdul Fata Said Husain Khalil al-Sisi'
Al-Sisi como ministro de defensa nunha xuntanza no Cairo co secretario de defensa norteamericano Chuck Hagel

Carreira militar editar

Fillo de pequenos comerciantes cairotas[2], formouse na Academia Militar Exipcia, onde se graduou en 1977 servindo na infantaría mecanizada, especializándose en técnicas de loita antitanque e de emprego táctico do morteiro, realizando cursos de estado maior en academias militares do Reino Unido e os Estados Unidos. Foi agregado militar en Arabia Saudita e en 2008 xefe da rexión militar norte con sede en Alexandría. Foi vicedirector e director da Oficina de Intelixencia Militar e Recoñecemento[3]. Logo da caída de Hosni Mubarak en 2011 foi o membro máis novo do Consello Supremo das Forzas Armadas. O 12 de agosto de 2012 o presidente Mursi promoveuno a xeneral e nomeouno xefe do exército e ministro de defensa en substitución de Tantawi[4].

 
Al-Sisi en 2013

Golpe de estado editar

O 30 de xuño de 2013, en resposta ao movemento de protesta contra Mursi producíronse masivas demostracións na capital e noutras cidades, producíndose choques cos partidarios do presidente. O exército lanzou un ultimato de 48 horas por televisión para que se resolvese a situación ameazando con intervir se continuaban[5]. O presidente Mursi rexeitou o ultimato do exército. O 3 de xullo de 2013 declarou que Mursi fallara en construír un consenso nacional e instalou como xefe de estado interino a Adli Mansur ordenando o arresto de varios membros do partido de Mursi, a Irmandade Musulmá[6]. Al-Sisi compareceu na televisión e anunciou que o presidente fallara en satisfacer as demandas do pobo exipcio e declarou que a constitución quedaba suspendida. Ao seu chamado realizáronse demostracións de apoio á acción do exército por todo o país o 23 de xullo de 2013 ao que acudiron millóns de persoas [7]. En agosto de 2013 baixo o comando de al-Sisi botaron abaixo os campamentos dos irmáns musulmáns que se instalaran por todo o país, a acción resultou nunha escalada de violencia que ocasionou 638 mortos e case 4000 feridos, algúns activistas liberais que apoiaran ao exército condenaron a acción [8][9][10].

Candidato a presidente editar

O 27 de xaneiro de 2014 al-Sisi ascendeu a mariscal[11], e nese mesmo día presentoulle a súa dimisión ao Consello Supremo das Forzas Armadas para presentar a súa candidatura ás eleccións presidenciais de 2014 e o 26 de marzo deixou o posto de ministro de defensa [12] e en abril presentou os asinamentos precisos para concorrer ás eleccións, algo que só logrou outro candidato, Hamdin Sabahi.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Egypt's El-Sisi bids military farewell, says he will run for presidency". Ahram Online. 26 de marzo 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 26 de marzo 2014. 
  2. "Abdel al-Sisi, Les echos, 3 de febreiro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  3. "Abdul Fattah al-Sisi: New face of Egypt's old guard", BBC News, 26 de marzo de 2014
  4. "Morsy assumes power: Sacks Tantawi and Anan, reverses constitutional decree and reshuffles SCAF". Daily News Egypt. 12 de agosto de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  5. Al Jazeera, ed. (3 de xullo de 2013). "Profile: General Abdel Fattah Al Sisi". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  6. Al Jazeera, ed. (3 de xullo 2013). "Egypt Orders Mass Arrests of Muslim Brotherhood Members". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  7. Associated Press, ed. (26 de xullo de 2013). "Egypt rights groups voice misgiving about army's call for rallies". Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  8. Reuters, ed. (15 de xullo de 2013). "Army embrace starts to worry some Egyptians". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  9. "Death toll from Egypt violence rises to 638: Health ministry". Al-Ahram. 15 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  10. David D. Kirkpatrick (15 de agosto de 2013). "Islamists Debate Their Next Move in Tense Cairo". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013. 
  11. Égypte: l'armée désigne son chef, Abdel Fattah al-Sissi, comme candidat à la présidentielle, RFI, 28 de xaneiro de 2014.
  12. La démission de Sissi remise au président, Le Figaro, 26 de marzo de 2014.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar