Abadín

concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo

Abadín (Gl-Abadín.ogg pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» [2].

Modelo:Xeografía políticaAbadín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.363611111111, -7.475Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.363611111111, -7.475
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalAbadín Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.203 (2023) Editar o valor em Wikidata (11,23 hab./km²)
Galegofalantes89,40% (2011)[1]
Xeografía
Parte de
Superficie196,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude500 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataXosé María López Rancaño (1983–) Editar o valor em Wikidata
Concelleiros 
• PPdeG: 6
• PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Abadín Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27730 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico982 Editar o valor em Wikidata
Código INE27001 Editar o valor em Wikidata

Páxina webabadin.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello, de 196 km²[3], está situado ao nordeste da Terra Chá, e abrangue 19 parroquias e 194 entidades de poboación. Supón o 0,66% de Galiza, o 1,99% da provincia e o 10,75% da comarca de Terra Chá.[4] En extensión, é o duodécimo termo municipal máis grande dos 67 que forman a provincia de Lugo. Limita ó norte cos concellos de Alfoz e O Valadouro, ó sur con Cospeito, ó leste con Mondoñedo e A Pastoriza, e ó oeste con Vilalba e Muras.[5]

Está atravesado pola serra do Xistral, a Cordal de Neda e os ríos Labrador e Abadín. O punto máis elevado é Lombo Pequeno con 1 027 m.[6]

No concello destacan as serras de Cordal de Neda, Toxoso, Tremoal, Coto da Cal e A Fraga de Vigas xunto coas montañas de Costa do Sol e O Picouto. O monte Neda constitúe un vértice xeodésico para o Mapa Topográfico Nacional.

 
Montouto, serra do Xistral.

Estas son as principais elevacións por parroquia:

  • Vilarente: Porto das Egoas (631 m) e Argán (585 m).
  • Montouto: Fonte da Mesa (900 m) e Costa de Currás (782 m).
  • Labrada: Lombopequeno (1.028 m), Río Pedrido (1.005 m), Ladeiras do Seixobranco (962 m), Airavella (961 m), Salgueiriño (935 m), Redondiño (916 m), Pena da Cruz (831 m), Mariñas do Rial (821 m), Coto da Cal (807 m), Chao da Fonce (788 m), Pena do Montrol (779 m), Curro do Bispo (707 m), Porto da Calzada Vella (670 m) e A Santa (600 m).
  • A Graña: Roza do Pleito (443 m) e Marco do Forneiro (440 m).
  • Goás: Abelleira (617 m), Goás (604 m) e Meixón (474 m).
  • Galgao: Rego de Bidueira (700 m), Alto do Seixal (678 m) e Pena Grande (664 m).
  • Fanoi: Pena da Auga (831 m) e Pena Labrada (803 m).
  • Corvite: Sabugueiras (682 m).

O monte de Argán (585 m) está no límite das parroquias de Moncelos, Corvite, Vilarente e A Graña.

A paisaxe de Abadín está configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos Ouro, Labrada ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, Anllo, Arnela e Fraga Vella (na súa maioría son regatos).

A temperatura media anual é suave, arredor de 10,8 °C. As precipitacións son elevadas, e roldan os 1.799 mm./ano[5]. Os invernos son fríos e chuviosos cunha temperatura mínima media arredor dos 6 °C, e os veráns secos e suaves. O clima dominante é de tipo oceánico-continental.

Lugares de Abadín editar

Artigo principal: Lugares de Abadín.

Demografía editar

Censo total 2014 2.646 habitantes
Menores de 15 anos 141 (5,33 %)
Entre 15 e 64 anos 1.376 (52 %)
Maiores de 65 anos 1.129 (42,67 %)
 
Parroquias.

No seguinte gráfico, apréciase a evolución da poboación no último século[7][8]

Evolución da poboación desde 1860 ata 2005
1860 1900 1930 1950 1960 1981 1991 1995 1997 2001 2005
  5.307   5.005   5.590   6.352   6.129   4.881   3.942   4.004   3.650   3.432   3.201
Fontes: INE e IGE (Os criterios de rexistro censal variaron entre 1860 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

[9]

O índice de crecemento da poboación con respecto ós censos de 1900 e 1970, é case nulo. A emigración, entre 1890 e 1925, foi principalmente cara a América, case toda para Cuba e a Arxentina. Coma en moitos outros sitios, nos seguintes anos cambiou cara a Europa, Francia, Suíza e Inglaterra (1930 ó 1975).

As entidades de poboación que hai en Abadín son un total de 194 sendo as máis habitadas as de Abadín e Gontán.

Como se pode ver na táboa anterior, o concello mantén unha evolución demográfica negativa, debido ás altas taxas de mortalidade, á feble natalidade e á forte emigración.

Historia editar

Do período paleolítico fican pegadas en Xestido-O Catadoiro, na parroquia de Labrada. Existen dolmens e mámoas en Pena Abaladoira e, tamén, na mesma parroquia, Petitone, amais do dolmen de Romariz.[10]

A presenza romana pódese constatar nos pedregais auríferos consecuencia dos traballos da extracción de ouro. O termo municipal de Abadín formou parte dunha xurisdición na que estaban o señoríos de Baroncelle, Costa da Monte e Vilarente. Coma outras terras do bispado mindoniense, está vinculado historicamente á chegada dos británicos insulares nos séculos V e VI, como data a sinatura do Bispo Mailoc da Diocese de Britonia no Segundo Concilio de Braga no 572.

Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "astrum Baroncelli do ano 1132. O que posiblemente motive que no ano 1207, Romeo, abade de Lourenzá, lle dese permiso a dez veciños para explotar o territorio de Choi en Romariz. Pero consta que xa existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254, no que o abade Hemerico dá carta de poboación á Granxa de Vilarente en favor dos seus 54 veciños e sinalando os tributos que tiñan que pagar, elixindo en concello sete veciños e, entre eles, o abade escollería un para alcalde.

Visto que houbo interferencias entre Meira e Lourenzá polo cobro das gabelas e rendas, unha delegación común dos mosteiros presidida por un abade que cobraba os décimos e tributos ditatorialmente, ao que chamaban con retranca 'O Abadín'. Contra o 1500 destaca a familia Luaces, a un de cuxos membros lle foi concedida carta de nobreza en 1515. Pero non é ata o 18 de maio de 1562, cando Filipe II expide unha real cédula autorizando a venda do couto de Abadín a Luís Luaces polo Cabido de Mondoñedo coa súa xurisdición civil e criminal, co señorío de soga e coitelo e con bens como a casa e torre de Abadín (hoxe desaparecidas pero nelas estiveron o Concello e o xulgado ata 1897), a torre e casa de Vilacendoi, o lugar de Vilamor coa súa torre etc. e que abrangue os señoríos de Baroncelle, Costa da Morte e Vilarente. As regalías dos Luaces mantéñense ata o século XIX e as novas que se teñen deste concello están sempre vinculadas a esta familia.

En 1833 pasa a depender da provincia de Lugo, ao desaparecer a provincia de Mondoñedo, da que formaba parte.

Cultura editar

Toponimia editar

Segundo J. M. Piel, o topónimo procede de Abbatini, quizais relacionado coa súa pertenza afastada ás abadías de Meira ou Lourenzá. Fernando Cabeza Quiles[11] coincide con esta teoría de (vila) Abbatini, "vila de Abbatinus", nome persoal latino, localizándoo como testemuña dun documento de 1195 e tamén existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254.

Outra teoría máis improbable é que puidese proceder dos descendentes do fundador do reino de Taifas en Sevilla, Abul Kasin al Abad I, creador da dinastía dos Abbásidas.[Cómpre referencia]

Patrimonio editar

No concello de Abadín hai gran cantidade de mostras arqueolóxicas e arquitectónicas que van dende os restos de sitios arqueolóxicos da época megalítica e castrexa ata importantes edificacións civís e eclesiásticas de distintas épocas.

Patrimonio arqueolóxico editar

Os principais restos prehistóricos son a mámoa de Romariz, os castros de Os Castros, Fraiás-Terraxis (Moncelos), Abeledo e Romariz, as penas Abaladoira e Petitore, e os monumentos megalíticos de Fanoi.

Patrimonio arquitectónico editar

Hai distintas mostras no campo relixioso de igrexas parroquiais con restos románicos, como a igrexa de Santa María de Abadín (datada no século XII, aínda que a capela é do século XVI, en estilo gótico isabelino, co escudo da casa de Luaces, unhas estrelas e unha media lúa no alto da fachada), a igrexa de San Bertomeu de Cabaneiro (século XII) ou a igrexa de San Xoán de Romariz (posiblemente do século XIII). Hai tamén outras igrexas do século XVI de estilo renacentista, a igrexa de Santa María de Moncelos e a igrexa vella de Santa María de Montouto.

Hai tamén numerosas mostras de arquitectura popular reflectida nos numerosos cruceiros, petos de ánimas e capelas que salpican o municipio. Consérvanse dúas pontes medievais, ambas as dúas en Romariz. Tamén teñen valor os numerosos cruceiros espallados en todas as parroquias, pero especialmente na de Corvite.

Con respecto á arquitectura civil e militar quedan restos de pazos e casas grandes, como o pazo de Cernada (Santa María de Graña), pazo da Roxoa (en Castromaior, cunha importante fachada datada a principios do século XVI), pazo Torre de Escourido ou a Casa reitoral de Labrada (século XIX).

Etnografía editar

Festas e celebracións editar

A feira faise o primeiro e o terceiro sábado do mes en Gontán. Tamén se organiza a Feira de Santos de Abadín, celebrada nos primeiros días de novembro, é coñecida en toda Galicia.

As principais festas que se celebran no concello son:

  • Nosa Señora de Fátima o 13 de maio en Gontán;
  • San Pedro festexase en Aldixe, Labrada e Corvite en xuño;
  • Santa Sabela en Candía o primeiro domingo de xuño;
  • San Xoán festa de Romariz e Castromaior o 24 de xuño;
  • Santa María na parroquia de Abadín o 26, 27 e 28 de xuño;
  • Nosa señora do Rosario en Galgao;
  • Santa Sabela o 29 de xuño en Corvite e Labrada;
  • Santiago festa en Moncelos e Quende o 25 de xullo;
  • Nosa Señora en Abeledo e en Montouto, primeira fin de semana de setembro;
  • Nosa Señora do Rosario o 7 e 8 de outubro en Abadín;
  • Romaría do Rosario en Galgao, Goás e Baroncelle o 18 de outubro;
  • Nosa Señora dos Miragres en Fanoi o 24 de maio;
  • Romaría de San Cosme da Montaña en Galgao o 26 e 27 de setembro.

Gastronomía editar

Na zona teñen especial interese o caldo galego, o cocido, os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.

Artesanía editar

Tamén no campo da artesanía o concello ten as súas tradicións, sendo o máis típico as colchas e mantas tecidas, tamén destacando o traballo dos metais.

Tradición oral editar

En Abadín hai unha gran tradición etnográfica, abundan as lendas históricas como a que relata a orixe árabe da parroquia de Aldixe, a das "ruínas do mosteiro" de Abadín das que se supón que quedan restos do mencionado mosteiro cerca da igrexa parroquial ou a do Castelo de Portela que se considera un altar de sacrificios celta. Dentro das lendas populares hai moitos ditos relatados con máis ou menos profundidade, como a Pena oscilante de Castromaior da que se din que era utilizada polos celtas para dar a coñece-la fidelidade das mulleres. Outra lenda popular é a que conta que Santiago dende o Monte Argán dixo: "Este é o Monte do Ceo" e de aí ven o nome de Moncelos, parroquia de Abadín.

Símbolos editar

O concello ten como motivo principal do seu escudo unha torre e dúas flores de lis en campo de azur. Ó timbre, coroa de duque.

Economía editar

 
Parque eólico en Romariz.

Sector primario editar

Abadín é un concello netamente agrario, á maior parte da poboación activa dedícase a actividades agrícolas ou gandeiras. A gandería bovina oriéntase á obtención de leite, mentres o gando ovino e caprino vive en semiliberdade nas montañas.

Gandería editar

O sector primario ten unha gran transcendencia na economía municipal; as explotacións agrarias no 1995 eran 1.148, dedicando 4.081 hectáreas a pasteiros permanentes para a importante gandaría sobre todo a bovina que en 1995 tiña 6.895 animais, seguíndolle a gran distancia o gando ovino con 146 e o caprino con 62, estes dous derradeiros en réxime de semiliberdade.

Silvicultura editar

Con respecto á explotación forestal do municipio, é unha actividade que ocupa con arboredo o 70% da superficie total do concello da cal aproximadamente a metade corresponde o monte madeireiro integramente. En canto o sector secundario, hai un complexo industrial de Lácteos Lorán (residente en Gontán) dedicado á fabricación de queixo que se nutre da mellor materia prima existente nos arredores. No campo das empresas familiares poden situarse varios talleres e viveiros de plantas e árbores diversos. O sector servizos aglutínase na capital municipal arredor da súa principal vía de comunicación.

Deporte editar

Entre as abundantes actividades de lecer pódese facer sendeirismo polas múltiples sendas e camiños do concello; tamén pasa por Abadín a ruta da costa do camiño de Santiago.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Abadín.

Notas editar

  1. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  2. Costas (2016), p. 40
  3. IGE. "Información municipal de Abadín". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2010. 
  4. Instituto Galego de Estatística.
  5. 5,0 5,1 "Estatísticas na web do Concello". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  6. Xunta de Galicia,Consellería do Medio Rural (ed.). "Serra do Xistral". mediorural.xunta.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  7. INE (ed.). "Series históricas de poboación de España". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 15 de abril de 2013. (en castelán)
  8. IGE (ed.). "Series históricas de poboación de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  9. INE. "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842. Abadín.". Consultado o 14 de decembro de 2010. 
  10. Concello de Abadín. "Historia e arte". Arquivado dende o orixinal o 11/08/2015. Consultado o 13/9/2015. 
  11. Fernando Cabeza Quiles (2008:341) Toponimia de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Madoz, Pascual (1848). "Sección ABA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid.  (en castelán)
  • Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Santiago de Compostela: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)