Abú Muzab al Zarqaui


Abu Musab al-Zarqawi, (en árabe: أبو مصعب الزرقاوي)‎, nado en Xordania o 20 de outubro de 1966 e morto o 7 de xuño de 2006 na cidade de Baquba, en Iraq, foi o autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq.

Infotaula de personaAbú Muzab al Zarqaui

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) أبو مصعب الزرقاوي Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) أحمد فضيل نزال الخلايلة Editar o valor em Wikidata
30 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata
Zarqa, Xordania (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Hibhib, Iraq (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ataque aéreo Editar o valor em Wikidata)
Emir of Al-Qaeda in Iraq (en) Traducir
17 de outubro de 2004 – 7 de xuño de 2006 – Abu Ayyub al-Masri → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXordania Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMuxahidin , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata - 2006 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAl Qaida Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAbu Anas al-Shami (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeJama'at al-Tawhid wal-Jihad (en) Traducir e Al Qaida Editar o valor em Wikidata
Rango militarcomandante Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Jama'at al-Tawhid wal-Jihad (en) Traducir e Tanzim Qaidat al-Jihad fi Bilad al-Rafidayn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Iraq e Primeira Batalha de Falluja (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 14542584 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Diferentes testemuños relacionaron a Al Zarqaui con actos terroristas en Iraq no tempo da ocupación estadounidense, entre os que se contan a planificación de atentados suicidas e ataques directos contra militares, policías e civís.

Al Zarqaui, seareiro do movemento salafí opúñase á presenza das tropas de países occidentais nos países islámicos, especialmente Iraq, así como ao recoñecemento da existencia do estado de Israel. Al Zarqaui, que era musulmán suní, tamén entendía que os xiítas de Iraq estaban tendo unha actitude colaboracionista coa ocupación occidental, e por esa razón declaroulles a guerra en setembro de 2005.

Al Zarqaui recoñecíase seareiro de bin Laden, e dende outubro de 2004 referíase á súa propia organización, Iama'at al Tauhid ual Xihad, como célula de Al Qaida en Iraq. O propio bin Laden cualificou a Al Zarqaui de príncipe de Al Qaida en Iraq.

Al Zarqaui era o home máis buscado polas tropas occidentais en Xordania e Iraq. O goberno dos Estados Unidos ofrecera 25 millóns de dólares a quen puidera dar información para a súa captura, a mesma cantidade ca por bin Laden. O 15 de outubro de 2004 o goberno dos Estados Unidos engadiu a Al Zarqaui e ao seu grupo, o Iama'at al Tauhid ual Xihad, na lista de organizacións terroristas estranxeiras.

Abú Muzab al Zarqaui foi asasinado definitivamente o 7 de xuño de 2006, durante un bombardeo do seu campamento na cidade de Baquba, uns 65 quilómetros ao norte de Bagdad. Pero a súa morte xa fora anunciada, e despois negada, en varias ocasións durante os meses anteriores. O goberno estadounidense amosou publicamente fotografías do cadáver de Al Zarqaui.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar