Aaron Holiday

baloncestista estadounidense

Aaron Shawn Holiday, nado o 30 de setembro de 1996 en Ruston, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). É o irmán máis novo dos tamén xogadores da NBA Jrue Holiday e Justin Holiday.

Aaron Holiday
Houston Rockets – No. 0
Posición Base
Información persoal
Nacemento 30 de setembro de 1996 (27 anos)
Louisiana Ruston, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Campbell Hall
(Os Ánxeles, California)
Universidade UCLA (2015–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Indiana Pacers
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Indiana Pacers (2018–2021)
Washington Wizards (2021–2022)
Phoenix Suns (2022)
Atlanta Hawks (2022–2023)
Houston Rockets (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2018, Holiday foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Indiana Pacers,[1] e asinou o seu contrato de rookie por tres anos cos Pacers.

O 6 de agosto de 2021, Holiday foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos.[2]

O 10 de febreiro de 2022, Holiday foi traspasado ós Phoenix Suns.[3] En 22 partidos cos Suns acadou 6.8 puntos por encontro.[4]

O 6 de xullo de 2022, Holiday asinou cos Atlanta Hawks.[5]

Notas editar

  1. "Pacers take potential PG of future in Holiday". 
  2. "Washington acquires six players in five-team trade". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 
  3. "Wizards complete trade with Phoenix Suns". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 
  4. "Phoenix Suns guard Landry Shamet misses practice with left foot injury". ESPN.com. AP. 16 de abril de 2022. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  5. "Hawks Sign Guard Aaron Holiday". NBA.com. 6 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar