Aalborg

cidade de Dinamarca

Aalborg ou Ålborg é unha comuna e cidade de Dinamarca, capital da rexión de Nordjylland, na península de Xutlandia. Ten unha poboación de 162 381 habitantes (121 549 na cidade), sendo a cuarta máis poboada de Dinamarca.

Modelo:Xeografía políticaAalborg
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°03′N 9°55′L / 57.05, 9.92Coordenadas: 57°03′N 9°55′L / 57.05, 9.92
Estado federadoDinamarca
Region of Denmark (en) TraducirJutlândia do Norte (pt) Traducir
MunicipiosAalborg Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación113.417 (2017) Editar o valor em Wikidata (815,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie139 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Creación16 de xuño de 1342 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Kastrup-Larsen (en) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9000, 9200, 9210, 9220, 9008, 9020, 9100 e 9400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico9 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Edimburgo (1964–)
Gdynia (1966–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webaalborg.dk Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Fundada como un asentamento comercial viquingo (século V). A primeira mención do seu nome, Alabu, aparece nunha moeda datada no 1040. No ano 1342 recibe o título de cidade polo rei Valdemar. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial baseada no comercio de arenque, gran e carne. No 1516 recibiu o monopolio de salgar o arenque. Dende 1554 é sede dun bispado luterano. No século XVIII chega a revolución industrial á cidade, no 1865 constrúese a primeira ponte sobre o Limfjord, no 1889 chega o primeiro camiño de ferro á cidade.

Arquitectura editar

Un castelo antigo e algunhas casas é todo o que queda do XVII. A catedral data de mediados do XVIII, a Igrexa da Nosa Señora é unha reconstrución de comezos do XX dunha igrexa do XIV parcialmente queimada en 1894. Son tamén salientables o hospital antigo e o museo local.

Economía editar

A economía da cidade baséase no estaleiro naval, a escola naval e o porto comercial. Son salientables tamén a industrial téxtil, química e tabacaleira. Arredor da Universidade está medrando nos últimos anos a industria de telecomunicacións.

Demografía editar

 
Praza de Nytorv.
 
Universidade.

Evolución da poboación:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar