A vida que che espera

filme de 2004 dirixido por Manuel Gutiérrez Aragón

A vida que che espera (en castelán: La vida que te espera) é unha coprodución cinematográfica galega dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Rodada entre Galicia e Cantabria entre abril e xuño de 2003, a estrea desta cinta tivo lugar o 30 de xaneiro de 2004. A produción correu a cargo de Continental Producciones, a TVG e Tornasol Films.

A vida que che espera
Ficha técnica
Título orixinalLa vida que te espera
DirectorManuel Gutiérrez Aragón
ProdutorFrancisco Arnoso
Pancho Casal
Carmen de Miguel
Josean Gómez
Gerardo Herrero
Eva Garrido
GuiónÁngeles González Sinde
Manuel Gutiérrez Aragón
IntérpretesAlfonso Agra
Rosa Álvarez
Celso Bugallo
Víctor Clavijo
Juan Diego
Marta Etura
Clara Lago
Manuel Millán Vázquez
Xosé Manuel Olveira "Pico"
Santi Prego
Gonzalo Rey Chao
Luís Tosar
Xosé Luís Bernal "Farruco"
MúsicaXavier Capellas
FotografíaGonzalo F. Berridi
Estrea30 de xaneiro de 2004
Duración100 minutos
OrixeGalicia Galicia
Na rede
IMDB: tt0395296 Filmaffinity: 812560 Allocine: 58353 Allmovie: v303023 TCM: 642435 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A historia de A vida que che espera desenvólvese nunha rexión do norte de España. Alí ten lugar unha pelexa motivada por unha vaca que acaba co desenlace do asasinato de Severo (Celso Bugallo) por parte dun gandeiro chamada Xildo (Juan Diego). Este ten dúas fillas: Xenia (Clara Lago) e Val (Marta Etura). Cando o fillo do malogrado Severo, Rai (Luís Tosar), chega á vila para o enterro, sentirase atraído por Val, filla do home que matou a seu pai.

Os mozos comezan a saír xuntos. Rai aproveita esta circunstancia para sacar beneficio e afondar en como se produciu a morte de Severo. Val, presionada por Xildo, tentará tamén descubrir ata que punto está o seu mozo ó tanto de como se desenvolveu o crime e de quen o perpetrou. Malia isto, ambos acaban namorándose.

Equipo técnico editar

Premios editar

Gañou 2 Premios Mestre Mateo na edición de 2004:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar