A vendedora de mistos

A vendedora de mistos ou A meniña dos mistos é un conto de fadas de Nadal do escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen, coñecido polos seus contos para nenos. Foi escrito en lingua dinamarquesa co título de Den lille Pige med Svovlstikkerne, e é o número 37 da colección de Andersen.

A vendedora de mistos
Ilustración de Anne Anderson.
Título orixinalDen lille Pige med Svovlstikkerne
Autor/aHans Christian Andersen
Ilustrador/aAnne Anderson
OrixeDinamarca
LinguaDinamarqués
ColecciónAndersen (dinamarqués), Do Castro, Kalandraka (galego)
Tema(s)Conto de Nadal
Xénero(s)Conto de fadas
Data de pub.1845 (dinamarqués), 1986 (galego)
TraduciónTeresa Barros, María Dolores Hermida
editar datos en Wikidata ]

Enredo editar

A véspera do aninovo era dura e fría, as rúas da vila ficaban cubertas pola neve, e unha rapariga descalza percorríaas sen máis consolo que a idea de acender un dos mistos que levaba nunha caixiña para vender, mais que ninguén lle comprara. Sentada no chan e feita unha bóla, atreveuse a tirar un e prendelo. A calor foi tan agradábel que a este seguíronlle outros mentres imaxinaba lugares fermosos onde querería estar. E deste xeito prenderon uns tras outros até que viu no ceo caer unha estrela; pensou que alguén estaba a morrer, pois así llo dixera súa avoa, que tanto tiña querido: «Cando unha estrela cae, unha alma érguese cara Deus». E mentres os mistos ardían, viu vir á súa avoíña. Xuntas marcharon ao ceo, onde non vai frío, nin fame nin medo. Ao día seguinte atoparon a cativa morta polo frío.

Análise editar

O conto pretende dar unha lección arredor da compaixón: unha realidade nas clases sociais sumidas na miseria, fame e dor, sufrindo os embates da natureza sen que ninguén os acuda. A historia tenta provocar nos nenos e nenas un sentimento de compaixón a través da tráxica historia da personaxe anónima.

Adaptacións ao galego editar

En 1986 apareceu Contos de Andersen traducido por Teresa Barro na colección Narrativa para nenos de Ediciós do Castro. En 1999 apareceu o conto publicado na colección Os Contos do Trasno Comodín, da editorial Kalandraka, con tradución de María Dolores Hermida e ilustracións de Belén Padrón.

No libro de Xerais Contos de Andersen de 1999[1] aparece o relato co nome: A pequena fosforeira.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar