A raíña de África

filme de 1951 dirixido por John Huston

A raíña de África (en inglés: The African Queen) é unha película dirixida por John Huston no ano 1952. Está baseada na novela do mesmo título de C. S. Forester. Gañou un Oscar ao mellor actor principal (Humphrey Bogart), e obtivo outros tres nomeamentos, ao mellor director, á mellor actriz principal (Katharine Hepburn), e ao mellor guión. Estreouse en galego na TVG o 23 de decembro de 2007.[1]

A raíña de África
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe African Queen
DirectorJohn Huston
ProdutorSam Spiegel
John Woolf
GuiónJames Agee
John Huston
IntérpretesHumphrey Bogart
Katherine Hepburn
Robert Morley
Peter Bull
Theodore Bikel
Walter Gotell
MúsicaAllan Gray
FotografíaJack Cardiff
MontaxeRalph Kemplen
DistribuidoraUnited Artists (US)
Independent Film Distributors (RU)
Estrea 20 de febreiro de 1952
Galicia 23 de decembro de 2007 (TVG)
Duración105 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroAventuras
Orzamento$1 000 000
Recadación$10 750 000
Na rede
http://www.african-queen-movie.com/
IMDB: tt0043265 Filmaffinity: 914686 Allocine: 6473 Rottentomatoes: m/the_african_queen_1951 Mojo: africanqueen Allmovie: v1159 TCM: 24323 Metacritic: movie/the-african-queen TV.com: movies/the-african-queen Netlix: 60011001Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A primeira guerra mundial comezou e en África Oriental Charlie Allnut (Humphrey Bogart) dedícase a transportar mercancías río arriba e río abaixo coa súa vella embarcación, chamada The African Queen. Nunha das aldeas que visita regularmente morreu o sacerdote, e Charlie acepta levar na súa barca á irmá do falecido reverendo, Rose (Katherine Hepburn), para devolvela á civilización. Durante a viaxe polo río xorde entre Charlie e Rose unha crecente simpatía. Con todo, cando finalmente chegan a un gran lago achégaselles un barco de guerra alemán.

Personaxes editar

 
 

Notas editar

  1. "A raíña de África na TVG". DiarioSiglo XXI. 23 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar