A orixe do mundo

pintura de Gustave Courbet

A orixe do mundo (en francés: L'Origine du monde) é un cadro realizado por Gustave Courbet en 1866.

A orixe do mundo
ArtistaGustave Courbet
Data1866
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións46 cm cm × 55 cm cm
LocalizaciónMuseo de Orsay (París)

Características editar

É unha pintura ao óleo sobre lenzo, duns 55 centímetros por 46 centímetros, que representa en primeiro plano unha pube e o tronco espido dunha muller reclinada sobre as sabas dun leito e que ten as pernas separadas. A escala, o encadramento e o punto de vista elixidos polo artista supuxeron unha radical novidade respecto a toda a tradición pictórica anterior, producindo no espectador unha forte impresión de sensualidade e erotismo. Hoxe atópase exposto no Museo de Orsay, en París.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar