A lenda dos cinco aneis

A Lenda dos Cinco Aneis (inglés: Legend of The Five Rings) é un xogo de rol creado por AEG no 1995. O xogo baséase no Xapón feudal con influencias doutras culturas asiáticas, creando un mundo chamado Rokugan.

Actualmente atópase na súa terceira edición, e sufriu unha clara evolución, non só na súa cronoloxía e ambientación, senón tamén no seu sistema de xogo.

O xogo está fortemente ligado á súa versión en xogo de cartas coleccionables (CCG). Os deseñadores do xogo dan carta branca para a evolución do xogo dependendo do que os xogadores de cartas decidan, o tipo de mazos que se empregen, e dos resultados dos torneos sancionados (Kotei).

Existe unha detallada ficción e cronoloxía de Rokugan, facendo que o xogo resulte crible, estruturado e coherente. Este mundo Rokugan funciona a partir dunha organización de clans (Araña, Cangrexo, Grúa, Dragón, León, Mantis, Fénix, Escorpión e Unicornio)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar