A lúa e seis peniques

novela de 1919 escrita por William Somerset Maugham

A lúa e seis peniques (en inglés: The Moon and Sixpence) é unha novela escrita polo autor inglés William Somerset Maugham que foi publicada orixinalmente o 15 de abril de 1919. É unha novela en formato episódico con narrador en primeira persoa, ó longo dunha serie de visións na mente e na alma do personaxe central Charles Strickland, un corredor de bolsa inglés de mediana idade, quen abandona de súpeto a súa muller e fillos para perseguir o seu desexo de se converter en artista. A historia está parcialmente baseada na vida do pintor Paul Gauguin.[1]

A lúa e seis peniques
Título orixinalThe Moon and Sixpence
Autor/aWilliam Somerset Maugham
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial William Heinemann
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1919
Galicia 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas328
ISBNISBN 978-84-949713-7-2 (gl)
TraduciónAlfonso Blanco Quintela
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.

Notas editar

  1. Author's preface to The Selected Novels of W. Somerset Maugham, (Volume 2), William Heinemann, 1953 (ebook at archive.org).
  2. Hugin e Munin (ed.). ""A lúa e seis peniques" en Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar