A impaciencia do corazón

novela de Stefan Zweig

A impaciencia do corazón[1][2] (en alemán: Ungeduld des Herzens) é unha novela escrita en lingua alemá polo austríaco Stefan Zweig e publicada en 1939.

A impaciencia do corazón
Título orixinalUngeduld des Herzens
Autor/aStefan Zweig
OrixeAlemaña
LinguaAlemán
Xénero(s)Novela
EditorialS. Fischer Verlag
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.1939
Galicia 2018
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas450
ISBNISBN 978-84-948805-8-2
TraduciónRosa Marta Gómez Pato
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Rosa Marta Gómez Pato[3] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.[1]

Trama editar

O tenente Anton Hofmiller é convidado á mansión do húngaro Lajos von Kekesfalva. Alí coñecerá a súa filla Edith, lisiada e confinada a estar en cadeira de rodas. O mozo experimenta por ela unha intensa compaixón e, en certa medida, alimenta un amor que el mesmo non corresponde. Cando Edith se decata da falsidade nos sentimentos del, suicídase. Co peso da culpa, Hofmiller acode á fronte da primeira guerra mundial, onde dá nun heroe aos ollos dos demais.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 A impaciencia do corazón. Traducido por Rosa Marta Gómez Pato (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2018. ISBN 978-84-948805-8-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Novidade (25): A impaciencia do corazón, de Stefan Zweig, Caderno da crítica, 9 de outubro de 2018
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar