A conversación

filme de 1974 dirixido por Francis Ford Coppola

A conversación (en inglés: The Conversation) é un filme estadounidense de 1974 escrito, dirixido e producido por Francis Ford Coppola e protagonizado por Gene Hackman. Tivo a aclamación da crítica[1] e gañou múltiples premios, incluída a Palma de Ouro do Festival de Cannes. Foi candidato a tres premios Óscar, mais perdeu o premio ao mellor filme contra O padriño (II parte), tamén dirixido por Francis Ford Coppola. En 1995, foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

A conversación
Ficha técnica
Título orixinalThe Conversation
DirectorFrancis Ford Coppola
ProdutorFrancis Ford Coppola
GuiónFrancis Ford Coppola
IntérpretesGene Hackman
John Cazale
Allen Garfield
Cindy Williams
Frederic Forrest
MúsicaDavid Shire
FotografíaBill Butler
MontaxeWalter Murch
Richard Chew
EstudioThe Directors Company
The Coppola Company
American Zoetrope
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea7 de abril de 1974
Duración113 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,6 millóns de dólares
Recadación4,4 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0071360 Filmaffinity: 963644 Allocine: 9955 Rottentomatoes: m/the_conversation Mojo: conversation Allmovie: v10898 TCM: 71469 Metacritic: movie/the-conversation TV.com: movies/the-conversation Editar o valor em Wikidata

Estreouse na Televisión de Galicia o 9 de marzo de 1991.[2]

Argumento editar

Harry Caul é un espía profesional (Gene Hackman) que traballa tanto para clientes privados como públicos. Ata o momento, nunca pensou que podía pasar con toda a información que sacaba da xente, mais o organizar unha escoita para un cliente que se desenvolve nunha praza, cae na tentación de escoitar que din as dúas persoas que ten que espiar. Axiña a situación atormentarao e quererá saber máis, converténdose no cazador cazado.

Personaxes editar

Produción editar

Coppola citou Ampliación, de Michelangelo Antonioni (1966) como unha influencia clave no seu concepto dos temas do filme, como a vixilancia contra a participación, e a percepción contra a realidade. "Francis vira [o filme] un ano ou dous antes, e tivera a idea de fusionar o concepto de Blowup co mundo da audiovixilancia".[4]

A personaxe de Harry Caul está inspirada polo experto en tecnoloxía de vixilancia Martin Kaiser, que tamén actuou como asesor técnico do filme.[5][6]

Notas editar

  1. 'The Conversation'|Critics' Picks|The New York Times on YouTube
  2. La Voz de Galicia, 9 de marzo de 1991. Páx. 70
  3. Hilditch, Nick (27 de febreiro de 2002). "The Conversation (1974)". BBC. Consultado o 11 de xuño de 2017. 
  4. Ondaatje 2002, p. 152.
  5. "Martin Kaiser". IMDb. Consultado o 22 de maio de 2017. 
  6. Kaiser, Martin; Stokes, Bob. "Odyssey of an Eavesdropper". Martykaiser.com. Consultado o 2 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar