A Virxe do Cristal

obra literaria de Manuel Curros Enríquez

A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros Enríquez que relata unha historia de base popular. En 1877 gañou un certame poético en Ourense con este poema xunto coas obras "Unha boda en Einibó" e "O Gaiteiro de Penalta". Debe o seu nome ao Santuario da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes.

A Virxe do Cristal
Autor/aManuel Curros Enríquez
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Xénero(s)poesía
Data de pub.1877
editar datos en Wikidata ]
Aires da miña terra.

Contido editar

A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor do castelo de Vilanova, que vive na Corte e non vén máis que para cobrar a renda e o foro. Outro personaxe é Xan de Ventrances (rival de Martiño no amor a Rosa, pero a quen ela rexeitou), que lle comenta a Martiño calumnias sobre a virtude da súa moza. Martiño dá creto ás palabras de Xan e rompe a relación coa rapaza.

Entón a Virxe aparecéselle en soños a Rosa para a reconfortar e ao día seguinte cae do ceo, xunto cun raio, un cristal coa imaxe da Virxe dentro. Martiño encontra o cristal pero non cre que sexa unha proba que demostre a pureza da súa moza. Ao día seguinte, Rosa topa co cristal e a Virxe dille a Rosa que a enviou Deus para demostrar a súa pureza, á vez que manifesta o seu desexo de que lle constrúan unha capela naquel val. O pobo celebra o milagre e Rosa entra nun convento. Martiño víngase de Xan arrincándolle a lingua. A narración acaba coa morte de Martiño en Allariz, conxelado nunha noite nevada, ao pé do convento de Rosa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar