A Terriña
A Terriña foi un semanario editado na Habana entre 1908 e 1909.
Historia e características editar
Subtitulado De información, recreo, ciencia e instrución, apareceu en outubro de 1908. Estaba dirixido por Luís E. Rey, Jesús Díaz era o xefe de redacción e entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Pascual Aenlle, Roque de Barcia, Jesús Muruais e Dámaso Pérez Valenzuela. Informaba das noticias de Galicia e das actividades das sociedades de instrución. Tamén abordou cuestións forais, combateu o caciquismo, e daba novas sobre teatro, música e efemérides. Publicou varios fragmentos do Catecismo do labrego de Lamas Carvajal e poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Noriega Varela e Juan Barcia Caballero. Cesou a súa publicación en 1909 co número 39.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.