A Pescaría, A Coruña

barrio da Coruña

A Pescaría[2][3][4] é un barrio da Coruña, situado no istmo da península sobre a que se levanta a cidade. Foi o primeiro que se construíu extra muros por mor do aumento da poboación na Cidade Vella.

A Pescaría, A Coruña
Rúa de San Nicolao.
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′12″N 8°24′03″O / 43.370102144423, -8.4007564505888Coordenadas: 43°22′12″N 8°24′03″O / 43.370102144423, -8.4007564505888
Poboación8913[1] hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O seu nome débese ao feito de ser unha zona inicialmente habitada polos pescos (ou pescadores) da Coruña, pero foi traducido ao castelán por Pescadería.[5][6] Os procesos de normalización lingüística non resultaron na simple recuperación do topónimo medieval,[7] senón que supuxeron tamén a tradución literal do termo hexemónico en castelán polas palabras galegas que designan o lugar de venda do peixe: Peixería,[8] Peixaría[9] ou o híbrido Pescadaría.[10]

Historia editar

 
Rúa Real.
 
Situación da Pescaría (vermello) no concello da Coruña.[11] En amarelo María Pita, en laranxa O Orzán e en verde os xardíns do Recheo.

A Pescaría xurdiu fóra da muralla debido ao crecemento da poboación a partir do século XIV. Xa en 1456 o concello pediu ao rei Henrique IV medidas para evitar o traslado da poboación dende a Cidade Vella.

A partir de entón, a Pescaría converteuse no núcleo comercial e pesqueiro, e contaba con dúas parroquias, a de San Xurxo e a de San Nicolao. A importancia da zona, que a principios do século XVI xa duplicaba a poboación da Cidade, provocou a mellora das condicións urbanas, ademais da necesidade de construír fortificacións. No século XVII estableceuse o primeiro convento do barrio, da Compañía de Xesús.[12]

As melloras culminaron no século XVIII coa construción de edificios como as Casas de Paredes, a Aduana ou o Consulado.

No século XIX a expansión do barrio produciuse cara ao Orzán co establecemento dalgunhas fábricas, ademais de pola construción do “Recheo”, que supuxo a ampliación do porto e a aparición dos Xardíns de Méndez Núñez.

Coa demolición das murallas conectouse a Pescaría coa Cidade Vella pola zona próxima á praza de María Pita e comezou a ampliación da cidade co proxecto do Primeiro Ensanche no Campo de Carballo. Dentro dos plans de aliñamento de principios do século XX leváronse a cabo o proxecto do que foi o mercado de Santo Agostiño e a apertura da rúa de Durán Loriga para conectar mellor a Pescaría co novo ensanche.[12]

Descrición editar

A diferenza do plano da Cidade Vella, a Pescaría ten un trazado lonxitudinal. Isto é debido a que esta zona cumpría a función de unir o núcleo primitivo cos camiños de saída, orixinariamente as rúas Real e de Santo André.

Dentro da Pescaría existían dous espazos morfolóxicos diferentes: o sector de San Nicolao tiña quinteiros pequenos e rúas entrecortadas, mentres que na zona de Santo André había quinteiros máis amplos con hortas no seu interior.[12]

Notas editar

  1. Suma dos datos das seccións correspondentes segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  2. Coruña, La Opinión de A. ""Os topónimos cóntannos o que eramos e o que agora ninguén lembra"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-02-01. 
  3. "Quen Somos? - Historia Século XVI-XVII". www.puertocoruna.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 2020-02-01. 
  4. Coruña, Concello da Coruña. ""Dende Pescaría"". www.facebook.com. Consultado o 2018-18-08. 
  5. Concello da Coruña
  6. Casas da Pescaría en Turgalicia
  7. El monopolio de los zapateros
  8. Guía da Coruña
  9. José Manuel Sande destaca a conexión da Coruña mariñeira e da vangarda artística da segunda edición do Festival Mar de Mares
  10. Diario Oficial de Galicia
  11. Estudos previos
  12. 12,0 12,1 12,2 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar