A Mezquita, A Merca

parroquia civil do concello da Merca

San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior.

A Mezquita
Igrexa de San Pedro da Mezquita
ConcelloA Merca[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°14′11″N 7°52′29″O / 42.2363298, -7.87470683Coordenadas: 42°14′11″N 7°52′29″O / 42.2363298, -7.87470683
Poboación186 hab. (2022)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio histórico e artístico editar

A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha soa nave, que remata nun piñón. A ábsida está cuberta por dous teitos desiguais. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida.

Desde a igrexa pódese contemplar o castro de San Marcos.

A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Bragança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.

Lugares e parroquias editar

Lugares da Mezquita editar

Lugares da parroquia da Mezquita no concello da Merca (Ourense)

Arcas | O Campo | Compostela | A Eirexa | Freixeiro | Loureiro | Nogueira | Outeiro | A Torre | O Val

Parroquias da Merca editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Merca

Corvillón (Santa María) | Entrambosríos (Santa Mariña) | Faramontaos (San Xes) | A Manchica (Nosa Señora de Lourdes) | A Merca (Santa María) | A Mezquita (San Pedro) | Olás de Vilariño (Santa María) | Parderrubias (Santa Olaia) | Pereira de Montes (Santa María) | Proente (Santo André) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Zarracós (Santo André)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar