A Igrexa, Viceso, Brión

lugar da parroquia de Viceso, no concello de Brión

A Igrexa é un lugar da parroquia de Viceso no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do INE[1].

A Igrexa

Igrexa de Santa María de Viceso.
ParroquiaViceso
ConcelloBrión
Coordenadas42°52′05″N 8°44′56″O / 42.868, -8.7489Coordenadas: 42°52′05″N 8°44′56″O / 42.868, -8.7489
Poboación0 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

A orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa.[2]

Xeografía editar

A Igrexa, denominada oficialmente no nomenclátor de Galicia como entidade propia, está ligada á aldea de Esparís. As únicas vivendas son a casa do cura, abandonada dende a década de 1980, e os edificios auxiliares próximos á igrexa, coñecidos como o Teleclub.

Patrimonio editar

O templo relixioso ten planta de cruz latina, coa capela maior cadrada, cuberta con bóveda de canón con lunetos, mentres que o cruceiro, con arcos faxóns de medio punto sobre pilastras de orde toscana, ten bóveda de aresta. O edificio actual é do século XIX, construído sobre un anterior. A fachada foi a primeira parte que se leva a cabo, coa súa elegante torre do campanario, da escola de Simón Rodríguez. Na fornela-fiestra situada sobre a porta hai unha imaxe da Asunción da Virxe, labrada en 1784 polo escultor noiés Antonio Fabeiro. Entre 1832 e 1835 construíronse o presbiterio e a sancristía. Por último erguéronse as capelas laterais, e o corpo da nave. O retablo da capela maior é neoclásico, tallado despois de se remataren as obras.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Viceso editar

Lugares da parroquia de Viceso no concello de Brión (A Coruña)

Esparís | Forxán | A Igrexa | Mourentáns | Ombre | Pousada | Vilar

Parroquias de Brión editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Notas editar