A Hard Day's Night (álbum)

A Hard Day's Night é o terceiro álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 10 de xullo de 1964 a través do selo Parlophone. A súa cara 1 contén os temas da banda sonora da película A Hard Day's Night. A versión estadounidense publicouse dúas semanas antes, o 26 de xuño a través de United Artists Records e cunha orde de cancións distinta. Este é o primeiro álbum dos Beatles en ser gravado enteiramente en cinta de catro pistas, permitindo unhas boas mesuras estéreo.

A Hard Day's Night
Álbum de The Beatles
Publicado10 de xullo de 1964
Gravación29 de xaneiro, 25-27 de febreiro, 1 de marzo e 1-4 de xuño de 1964
Estudio(s)EMI Studios, Londres e Pathé Marconi Studios, París
Duración30:45
Xénero(s)pop
Selo(s)Parlophone
Producido porGeorge Martin
Cronoloxía
With the Beatles A Hard Day's Night Beatles for Sale

A Hard Day's Night foi colocado no número 307 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].

Listaxe de cancións editar

Todos os temas acreditados a John Lennon e Paul McCartney.

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "A Hard Day's Night"  Lennon e McCartney 2:34
2. "I Should Have Known Better"  Lennon 2:43
3. "If I Fell"  Lennon e McCartney 2:19
4. "I'm Happy Just to Dance with You"  Harrison 1:56
5. "And I Love Her"  McCartney 2:30
6. "Tell Me Why"  Lennon 2:09
7. "Can't Buy Me Love"  McCartney 2:12
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Any Time at All"  Lennon 2:11
2. "I'll Cry Instead"  Lennon 1:46
3. "Things We Said Today"  McCartney 2:35
4. "When I Get Home"  Lennon 2:17
5. "You Can't Do That"  Lennon 2:35
6. "I'll Be Back"  Lennon 2:24

Notas editar

  1. "500 mellores álbums de todos os tempos segundo a Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2015. Consultado o 16 de maio de 2013.