A Game of Thrones

A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996.

A Game of Thrones
Título orixinalA Game of Thrones
Autor/aGeorge R. R. Martin
CubertaSteve Youll
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónA Song of Ice and Fire
Xénero(s)Fantasía
EditorialBantam Books (Estados Unidos)
Data de pub. 6 de agosto de 1996
Páxinas672 (RU tapa dura), 694 (USA tapa dura), 804 (RU tapa branda) 835 (USA tapa branda)
ISBNISBN 0-553-10354-7 (USA tapa dura), ISBN 0-00-224584-1 (RU), ISBN 0-553-57340-3 (US tapa branda)
Seguido porA Clash of Kings
editar datos en Wikidata ]

Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro. A novela cedeu o seu nome a numerosos traballos baseados nas novelas de Martin, incluíndo o xogo de cartas, a banda deseñada, o xogo de rol, e o videoxogo.

A serie da HBO Game of Thrones levou ás pantallas de televisión este primeiro libro da serie, cuxo primeiro capítulo foi estreado o 17 de abril de 2011.

Galardóns editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "1997 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. Consultado o 2009-07-25. 
  2. "1998 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. Consultado o 2009-07-25. 
  3. Taylor, Ihsan. "New York Times bestseller list, 2 January 2011". Nytimes.com. Consultado o 2011-05-16. 
  4. Taylor, Ihsan. "New York Times bestseller list, 10 July 2011". Nytimes.com. Consultado o 2011-07-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar