A Ferrería, Trascastro, O Incio

lugar da parroquia de Trascastro, no concello do Incio

A Ferrería, tamén coñecido como A Ferrería do Incio, é un lugar da parroquia de Trascastro no concello do Incio, na comarca de Sarria.

A Ferrería

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaTrascastro
ConcelloO Incio
Coordenadas42°38′16″N 7°17′47″O / 42.637638888889, -7.2964166666667Coordenadas: 42°38′16″N 7°17′47″O / 42.637638888889, -7.2964166666667
Poboación32 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Atópase a 653 metros de altitude nun val no que conflúen o rego do Lameiro co río Antiga. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2017 era de 32 persoas (19 mulleres e 13 homes).[1]

Balneario editar

A abundancia de ferro e a súa extracción na zona propiciou a apertura dunha gran ferrería que deu nome á localidade.

Ese mesmo ferro, xunto ao desnivel dos vales, propicia que as augas filtradas polas montañas teñan un alto contido en ferro. Hai constancia deste manancial desde o século XVI, cando pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén. Posteriormente pasou a mans do Conde de Campomanes.

En 1892, en pleno auxe do termalismo en Galicia, A Ferrería foi elixida para a construción do Gran Balneario por iniciativa do Conde de Campomanes.[2] El mesmo habilitou un pazo da súa propiedade, do que se ten constancia desde 1630, e que conta cunha capela barroca. Con todo, tras a guerra civil, como a maioría de balnearios galegos, pasou á ruína e ao abandono.

A finais do século XX, empezou a reconstruírse o edificio. Con todo, unha mala xestión das obras propiciou a súa paralización en 2005.[3]

Lugares e parroquias editar

Lugares de Trascastro editar

Lugares da parroquia de Trascastro no concello lucense do Incio

A Airela | A Ferrería | A Moura | A Raxoá | Trascastro

Parroquias do Incio editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Incio

Bardaos (San Xoán) | Castelo de Somoza (San Tomé) | A Cervela (San Cristovo) | Covela (San Pedro) | Eirexalba (Santo Estevo) | Foilebar (Santa María) | Goó (Santa María) | O Hospital (San Pedro Fiz) | O Incio (Santa Cruz) | Laiosa (San Martiño) | Noceda (San Xoán) | Pacios (Santa María) | Reboiro (Santa María) | Rendar (Santa María) | Rubián de Cima (San Vicenzo) | San Pedro do Incio (San Pedro) | San Román do Mao (San Román) | San Salvador do Mao (San Salvador) | Santa María do Mao (Santa María) | Santa Mariña do Incio (Santa Mariña) | Santalla de Bardaos (San Xulián) | Sirgueiros (San Xoán) | Toldaos (Santiago) | Trascastro (Santalla) | Vila de Mouros (San Miguel) | Vilarxoán (San Lourenzo) | Vilasouto (San Mamede) | O Viso (Santa Cristina)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar