A Feast for Crows

A Feast for Crows é a cuarta novela da serie de fantasía épica A Song of Ice and Fire, obra do autor estadounidense George R. R. Martin. A novela foi publicada por vez primeira o 17 de outubro de 2005 no Reino Unido,[1] seguida da publicación nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2005.[2]

A Feast for Crows
Título orixinalA Feast for Crows
Autor/aGeorge R. R. Martin
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónA Song of Ice and Fire
Xénero(s)Fantasía
EditorialVoyager Books (RU)
Bantam Spectra (USA)
Data de pub. 17 de outubro de 2005
8 de novembro de 2005
Páxinas704 (RU tapa dura), 753 (USA tapa dura), 852 (RU tapa branda) 784 (USA tapa branda)
ISBNISBN 0-00-224743-7 (RU tapa dura), ISBN 0-553-80150-3 (USA tapa dura), ISBN 0-553-58202-X (USA tapa branda)
Precedido porA Storm of Swords
Seguido porA Dance with Dragons
editar datos en Wikidata ]

En maio de 2005, Martin anunciou que o "gran tamaño" do seu manuscrito aínda inacabado de A Feast for Crows motivou que el e os seus editores dividisen a novela en dous libros.[3] No canto de dividir o texto á metade de xeito cronolóxico, Martin optou por dividir o material atendendo ós personaxes e ás localizacións, provocando que as dúas novelas "teñan lugar simultaneamente".[3] A Feast for Crows foi publicado meses despois, e a novela seguinte, A Dance with Dragons, o 12 de xullo de 2011.[4] Martin tamén sinalou que a serie de A Song of Ice and Fire tería con toda probabilidade sete partes.[3]

A Feast for Crows foi o primeiro libro da serie en acadar o número 1 na lista de mellor vendidos do The New York Times,[5] un feito para os escritores de fantasía que só conseguira antes que el Robert Jordan[6][7][8][9][10] e Neil Gaiman.[11] No 2006, a novela foi nomeada ó Hugo Award, ó Locus Award, e ó Premio da British Fantasy Society.[12]

Notas editar

  1. "A Feast for Crows: Product Details (UK)". Amazon.com. 17 de outubro de 2005. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  2. "A Feast for Crows: Product Details (US)". Amazon.com. 8 de novembro de 2005. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Martin, George R. R. (May 29, 2005). "Done.". GeorgeRRMartin.com (Author's official website). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2005. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  4. Hibberd, James (3 de marzo de 2011). "Huge Game of Thrones news: Dance With Dragons publication date revealed! -- EXCLUSIVE". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2011. 
  5. "Best-Seller Lists: Hardcover Fiction". The New York Times. NYTimes.com. 27 de novembro de 2005. Consultado o 5 de marzo de 2010. 
  6. "The New York Times Best Seller list: November 8, 1998" (PDF). Hawes.com. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  7. "The New York Times Best Seller list: November 26, 2000" (PDF). Hawes.com. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  8. "The New York Times Best Seller list: January 26, 2003" (PDF). Hawes.com. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  9. "The New York Times Best Seller list: October 30, 2005" (PDF). Hawes.com. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  10. "The New York Times Best Seller list: November 15, 2009" (PDF). Hawes.com. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  11. "Best-Seller Lists: Hardcover Fiction". The New York Times. NYTimes.com. 9 de outubro de 2005. Consultado o 6 de marzo de 2010. 
  12. "Science Fiction & Fantasy Books: 2006 Award Winners & Nominees". WorldsWithoutEnd.com. Consultado o 25 de xullo de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar