A Castellana, Vilarraso, Aranga

lugar da parroquia de Vilarraso, no concello de Aranga

A Castellana é un lugar da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Tiña 141 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 67 eran homes e 74 eran mulleres.

A Castellana

A estrada N-VI ao seu paso pola Castellana. Editar o valor em Wikidata
ParroquiaVilarraso
ConcelloAranga
Coordenadas43°11′27″N 8°01′31″O / 43.1909, -8.0253Coordenadas: 43°11′27″N 8°01′31″O / 43.1909, -8.0253
Poboación141 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

A ponte da Castellana editar

A ponte vella da Castellana é unha ponte do século XVI[1] que cruza o río Mandeo, construída para o antigo Camiño Real entre A Coruña e Lugo.[2] Foi reformada no século XVIII para proporcionarlle máis luz. Ten un só van, con bóveda de medio punto, e está feita en cadeirado de granito. A ponte foi escenario de combates durante a guerra da Independencia española e escaramuzas durante as guerras carlistas. Durante a guerra civil, os franquistas botaban ó río cadáveres de represaliados dende este lugar[3]. A Ponte Nova construíuse na década de 1950, e entre finais da década de 1980 e comezos da de 1990 construíuse unha nova variante cun viaduto máis amplo, en diversas obras de reforma da estrada N-VI.

Notas editar

  1. Ponte vella da Castellana na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Catálogo de patrimonio (PDF) (Informe). Concello de Aranga. p. 58. 
  3. Un colectivo de Aranga impulsa la recuperación de un puente del río Mandeo La Opinión A Coruña (en castelán)

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilarraso editar

Lugares da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga

O Apeadeiro de Orosa | A Carballeira | Carballo Torto | Os Carneiros | A Castellana | Castrobó | Os Ferreiros | Orosa | Penas do Porto | Santiso | Vilarraso | Vilourís

Parroquias de Aranga editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)