A Baña, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

San Vincenzo da Baña é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na Comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 538 habitantes (245 homes e 293 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.

A Baña
Igrexa de San Vincenzo da Baña.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′43″N 8°45′29″O / 42.962, -8.758Coordenadas: 42°57′43″N 8°45′29″O / 42.962, -8.758
Área14,73 km²
Poboación538 hab. (2016)
Densidade36,52 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación, relevo e paisaxe editar

Limita ao norte coas parroquias de Ermida e de Suevos, ao noroeste con Marcelle, ao leste co Barro, ao sueste con Monte, ao sur con Barcala e Ordoeste, e ao oeste coa Riba e Corneira.[2]

Entre os accidentes xeográficos destacan o río Baña, que abastece de auga, de norte a sur, aos núcleos dos cales está formada a parroquia. O río Baña conflúe co rego de Faílde na Cachopiña, formándose o río Albariña.[2]

Predominio do uso forestal baseado en pinos e eucaliptos cara a zona noroeste, xunto a importantes extensións de pastos. En canto á paisaxe agrícola trátase de cultivos extensivos e de hora en parcelas de tamaños desiguais, algunhas bastante pequenas a pesar dos procesos de concentración parcelaria e nun estado de labor importante.[2]

San Vicente da Baña é a parroquia máis grande e a máis poboada de todo o Concello, ademais de encontrarse a capital municipal. É por iso que nela se sitúa o Concello, o Centro Público Integrado e o Centro médico. Ten 13 núcleos asentados no val do río Baña en altitudes que oscilan entre os 250 e os 350 metros. A principal vía de comunicación é a estrada AC-444, que ao seu paso pola capital comunicase co resto das estradas municipais. Paralela a esta, dirección oeste, sitúanse a maioría dos núcleos da parroquia.[2]

Agás o núcleo de San Vicente, o resto trátase principalmente de núcleos de estrutura pechada e casarío denso con crecemento nalgúns casos ao longo das vías de penetración á capital.[2]

Historia editar

Idade de Ferro editar

Na parroquia hai varios vestixios da existencia de asentamentos da cultura castrexa: os castros do Castro da Baña, o de Liñares e o do Castelo da Carballa. Existe tamén un grupo de 5 mámoas situadas entre Fampousa, Canlis e Busto denominadas as do Chan da Baña ou de Curros vellos.

O castro da Baña[3] conta cun recinto circular duns 80 metros de diámetro, rodeado por un rexo parapeto, agás na banda noroeste onde a construción do cemiterio fendeu a muralla e invadiu parte do interior da croa. Este parapeto é o maior dos castros situados no concello da Baña. Ten un grosor na parte alta de 4 m e a súa maior altura interior está na banda do poñente con 10 m. No sur acada os 5 metros, e no norte, ao redor de 8 m.

O castro de Liñares[4] aséntase nunha pronunciada ladeira pertencente á caída que os montes de Raxado, de 420 m, fan cara ao río da Baña. Ten unha posición na parte media dunha ladeira, a 408 m de altitude, amosando fortes pendentes na cara que mira ao val e elevándose os terreos que o circundan polo poñente por enriba da súa croa. Componse cun só recinto, ovalado e máis desenvolvido na cara norte que na sur, a cal se estreita nas inmediacións do lugar de Liñares.

O castro do Castelo da Carballa[2] sitúase ao nordeste do de Liñares, cerca do río Baña.

Medieval editar

O Castrallón de Xasoso[5] está definido como un posible asentamento defensivo de época medieval. Situada nunha lomba en pleno val, a estrutura circular ten un diámetro de 60 metros. Cara ao lado norte pasa un regueiro, e por esta zona e cara ao leste as pendentes son máis acusadas. A estrada que pasa ao seu carón parece que cortou parte na súa estrutura defensiva e un foso que a rodearía.

Nomeamento como vila editar

O 14 de marzo de 1918 o rei Afonso XIII concedeulle o título de vila nun real decreto publicado na Gaceta de Madrid o día 16 dese mesmo mes con estas palabras: "Queriendo dar una prueba de Mi Real aprecio al pueblo de La Baña, provincia de Coruña, por el creciente desarrollo de su agricultura, industria y comercio y su constante adhesión a la Monarquía, vengo en concederle el título de Villa".[6]

Obra Pía editar

 
Los Emigrantes Residentes en Tampa "Estados Unidos" que han Contribuido para la Construcción del Nuevo Cementerio de la Parroquia de San Bicente de la Baña.
TAMPA FLORIDA 30 DE AGOSTO DE 1907.

Rafael Díaz, emigrante no Perú a comezos do século XIX, mandou construír este conxunto de tres edificios. A petición foi feita ao rei Fernando VII o 16 de xuño de 1916 e no que achegaba un capital fundacional de 194.900 reais para unha escola con casa para o mestre para proporcionarlle á xuventude da parroquia unha educación gratuíta, unha capela fundada como "Capilla del Señor de la agonía y virgen dolorosa a su pie", na que "diariamente se diga Misa a los niños", segundo consta no libro da Fundación, e unha casa para o capelán.

Os beneficios desta escola están amplamente recoñecidos. Débese salientar que foi das primeiras da comarca e que escolarizou a moitos dos nenos da comarca que despois sobresaíron en Cuba e noutros países americanos, sendo moitos os que puideron adquirir unha titulación no século XIX.

Na actualidade tan só quedan os tres edificios, non quedando rastro da Obra Pía. A escola e casa do mestre é a casa da cultura e biblioteca do Concello, a capela segue tendo uso como tal, e a casa do capelán facía de reitoral, estando actualmente pechada. O capital fundacional de relación de terreos e propiedades desapareceu, e no que se acusou ao Padroado de dar as rendas da Fundación de Rafael Díaz un destino non benéfico e de non dar contas, ademais de estar nun estado de completo abandono a institución.[7]

Colexio Cuba editar

Os emigrantes da Baña en Cuba fundaron esta escola un século despois da Obra Pía, que funcionou ata que se fixo a concentración escolar e que era parte da sociedade "La Baña y su comarca". O edificio estaba situado no centro de San Vicenzo. Actualmente, neste edificio está Correos, o Rexistro civil e o Xulgado de paz.

Igrexa parroquial editar

A Baña foi filial da parroquia de Ordoeste ata o 1868. Daquela contaba cunha igrexa parroquial[8] situada no propio lugar de San Vicenzo, que se atopaba en malas condicións. Durante a visita pastoral de Simón Díaz de Rávago en 1772 ordénase o traslado da pía bautismal e a figura do santísimo para a ermida da Nosa Señora do Castro, que era Santuario da Virxe do Bo Suceso e da cal non quedan restos. En 1778 e por orde do visitador Miguel Campo Quevedo en nome do arcebispo Francisco Alejandro Bocanegra, abandonouse definitivamente a igrexa da Baña para converter en parroquial á do Castro. Na actualidade, a igrexa parroquial é unha construción de tipo monumental, e conta cun cemiterio costeado polos Fillos da Baña residentes na Habana, que no 1891 recadaron fondos destinados a súa construción. Da vella igrexa no lugar de San Vicenzo queda ningún vestixio, as pedras empregáronse para outras construcións.

Feira de San Vicente editar

No lugar que agora se chama o campo da feira celebrábase unha feira o último domingo de cada mes. Foi a partir do ano 1897 ao mover a feira da Carballeira para a Baña.[9] A día de hoxe celébrase unha o primeiro luns de cada mes na rúa Jacinto Rodríguez.

Arquitectura popular editar

Muíños[10] editar

  • Rezortoio, de José Soto.
  • Pequeno, de Roque Blanco.
  • Vilariño, de Diego Ramos e consortes.
  • Pozanegra, de Pedro González e os seus.
  • Muíño do Medio, de Antonio Recarey e outros.
  • Muíño de Abaixo da Poza Negra, de Francisco Malvares e consortes.
  • Albariño, de Vicenzo Friáns e os seus, que un e outros moían con auga do río Retorloio todo o ano.
  • Muíño da Moa, tamén chamado Vello, de Andrés Pose, moía con augas do regato Porto de Cuba.
  • Muíño de Paredes Albeas Braña, de Domingo Feijoó e consortes.
  • Liñares, de Matías Vázquez e os seus, que moían medio ano con augas do regato de Grañoro.

Pombais[10] editar

  • Pombal de 12 pares, de Andrés Pose
  • Pombal de 10 pares, de Pedro González
  • Pombal de 10 pares, de Felipe Carnota

Festas editar

  • 22 de xaneiro: San Vicenzo
  • 23 de xaneiro: San Roque
  • 1º de maio: Pequerrachada
  • 1º sábado de xullo: Festa Rachada da Baña
  • 6 de agosto: San Salvador
  • 8 de setembro: Virxe do Bo Suceso
  • 9 de setembro: As Dores

Lugares da parroquia da Baña editar

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar