A Agra do Orzán, A Coruña

A Agra do Orzán é o barrio máis populoso[3] (29 139 habitantes, ano 2011[4]) da Coruña. Con só 0,423 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 68 887,52 hab/km², a máis alta do concello. Está situado na parte oeste da cidade, cara a onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.

A Agra do Orzán, A Coruña
Rúa de Barcelona, na Agra do Orzán.
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°21′44″N 8°25′14″O / 43.362165188643, -8.4206562333676Coordenadas: 43°21′44″N 8°25′14″O / 43.362165188643, -8.4206562333676
Poboación26 252[1] hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]
Situación da Agra do Orzán no concello da Coruña.[2]
Igrexa parroquial de Santo Antón, no lugar que ocupaba o cine Finisterre, na avenida de Fisterra.

A súa superficie quedaría circunscrita dentro da área delimitada polas seguintes vías, comezando pola situada máis cara ao norte e continuando en sentido horario: rúa Manuel Murguía, ronda de Nelle, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada (que incluiría o polígono do Ventorrillo, de nova traza), rúa Ágora, travesía Pedreira Ríos e ronda de Outeiro.

A Agra do Orzán identifícase co distrito censal 6 da Coruña.[5][6]

Toponimia editar

O topónimo provén do latín ager, -ri, e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.

Historia editar

A historia urbana do barrio iniciouse nos anos 40 cando comezaron a establecerse emigrantes doutras zonas de Galicia nos campos da Agra do Orzán, onde construían "ranchitos", casas unifamiliares con horta. O plan de ordenamento de 1948 definiu o espazo coa creación das roldas de Nelle e Outeiro. A expansión do barrio comezou na década seguinte, con rúas sen planificar e edificios mal orientados. Ademais, o Instituto Nacional da Vivenda construíu o Grupo Mariñeiros en 1957[7] e as Casas de Franco, coñecidas popularmente como "Katanga", en 1963”.[8][9]

Fitos editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Datos do distrito censal 6 segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  2. Estudos previos
  3. Tres vecinos por metro cuadrado La Opinión A Coruña
  4. Agra do Orzán Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. A Cidade dos Barrios
  5. "Agra Activa". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016. 
  6. Datos demográficos[Ligazón morta]
  7. Portabales, Pablo (18-9-2007). "Una aldea en plena Ronda de Outeiro que cumple 50 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25-4-2016. 
  8. "A penúltima barriografía de Xurxo Souto proclama: “Neno, eu son de Katanga”". Música en Branco. Memoria da Agra do Orzán. 2-7-2013. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2016. Consultado o 25-4-2016. 
  9. 9,0 9,1 "Toponimia e historia". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016. 
  10. 10,0 10,1 "1975 Inauguración do Mercado das Conchiñas (1)". Flickr. Consultado o 7-8-2016. 
  11. Coruña, La Opinión de A. "As Conchiñas, tarde y sin inauguración - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 7-8-2016. 
  12. Galicia, La Voz de. "El adiós del Chaplin eleva a ocho los cines cerrados en los últimos 15 años". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 7-8-2016. 
  13. Coruña, La Opinión de A. "El Ágora abre reproches pero no puertas - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-07. 
  14. "El alcalde inaugura la plaza de las Conchiñas" (en castelán). 2015-02-21. Consultado o 2016-08-07. 
  15. Souto, Xurxo (22-1-2016). "Pucho Boedo, XXX anos de lenda". Cadena Ser. Consultado o 8-8-2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar