AJAX

técnica de desenvolvemento web

AJAX, acrónimo de Asynchronous JavaScript And XML é unha técnica combinada de desenvolvemento web para crear aplicacións de interactividade máis acusada que as aplicacións web tradicionais, mediante a combinación de tecnoloxías xa existentes:

Tecnoloxías editar

  • XML xenérico, XHTML (ou HTML) na vertente estrutural de representación da información.
  • HTTP e JSON na vertente estrutural da comunicación desa información.
  • ECMAScript, como manipulador desa información.
  • DOM, para representación desa información.

As aplicacións AJAX poden usar outro tipo de tecnoloxías, incluíndo texto plano, para realizar intercambio de información dende o cliente de usuario cara ao xerador de contidos.

Historia e características editar

Tradicionalmente, as aplicacións webs usan un contorno aplicativo que fundamenta a súa actuación en visualización ou renderizado de páxinas estáticas, de contidos xerados nun contorno aplicativo de servidor de xeito que non hai separación ou distinción para o contorno de xeración de contidos no punto de transmisión dos mesmos (o servizo de transmisión de contidos), entre o que supón presentación dos mesmos ou deseño, dinamismo e efectos visuais, contidos e estruturación dos mesmos.

É dicir, toda a programación e diferenciación de partes pérdese xusto antes da transmisión deses contidos. No entanto, o contorno AJAX, que xorde da necesidade de optimizar a velocidade do funcionamento das aplicacións web, incide con precisión na separación destes contornos, afrontando o desenvolvedor de aplicacións o reto de apartarse da visión tradicional de empaquetado tecnolóxico para enfrontarse a un contorno diferenciado que fai grande incidencia na adecuación da funcionalidade en partes que clarifiquen programaticamente o forte papel que desenvolve a presentación final da estrutura deses contidos no cliente.

Canles tradicionais editar

As canles tradicionais de separación lóxica en contornos web:

Trátanse agora de xeito máis independente xa sexa dende o punto de vista do cliente como dende o servidor AJAX, o cal asume o papel de xerador de estruturas de datos, permitindo optimizar algo máis o grao de definición e compacidade do deseño, á custa de aumenta-la abstracción funcional.

Porén, isto pode incidir no empeoramento da claridade asociativa se as estruturas de datos que se ven involucradas na carga de datos non son semánticas, puramente estruturais, tipo JSON, por exemplo, debido a que aumentan a distancia de relación conceptual e reformulan o concepto de semántica xerada dinamicamente fronte a semántica documental e persistencia dos datos, - de modo que sexan facilmente interpretables -, fuxindo do concepto orixinario da web e indo cara aos conceptos fundamentais de DHTML e Flash que demostraron no pasado non poder ser capaces de responder cos recursos existentes as expectativas baseadas no seu potencial de sensorialidade e usabilidade.

Como o DHTML, LAMP ou SPA, AJAX é un termo que engloba a un grupo de tecnoloxías que traballan conxuntamente.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar