ADN polimerase Pfu

A ADN polimerase Pfu, tamén chamada Pfu DNA polimerase ou Pfu polimerase é unha ADN polimerase da arquea hipertermófila Pyrococcus furiosus. A súa función no microorganismo desta nucleotidiltransferase é replicar o seu ADN durante a división celular.

ADN polimerase Pfu
Estrutura da ADN polimerase de
Pyrococcus furiosus (PDB 2JGU)[1]
Identificadores
Número EC 2.7.7.7
Número CAS 9012902
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO

A Pfu polimerase utilízase no laboratorio para amplificar o ADN na reacción de cadea da polimerase (PCR), función para a que presenta varias vantaxes en relación co encima tradicionalmente usado Taq polimerase da bacteria termófila Thermus aquaticus, xa que é máis estable termicamente, e sobre todo ten unha actividade de exonuclease 3'-5' que permite eliminar os erros de inserción de bases durante a replicación (actividade de corrección de probas). En consecuencia, a PCR realizada coa Pfu polimerase é máis fiable que a realizada usando a Taq polimerase.

A Pfu polimerase dispoñible comercialmente xera unha taxa de erro de 1 por 1,3 millóns de pares de bases e pode producir un 2,6 % de produtos mutados na PCR. Porén, é máis lenta que a Taq polimerase, xa que tarda de 1 a 2 minutos por ciclo para amplificar 1 kb de ADN a 72 °C.

Historia editar

Os científicos da compañía Stratagene, de California, descubriron as vantaxes da Pfu en comparación coa Taq en 1991.[2] Obtiveron a patente 5.489.523 nos Estados Unidos sobre unha Pfu deficiente en actividade exonuclease e outra patente co número 5.545.552 sobre a propia Pfu en 1996.

Nota editar

  1. Suhng Wook Kim, Dong-Uk Kim, Jin Kwang Kim, Lin-Woo Kang et Hyun-Soo Cho, « Crystal structure of Pfu, the high fidelity DNA polymerase from Pyrococcus furiosus », International Journal of Biological Macromolecules, vol. 42, no 4,‎ 1er mai 2008, p. 356-361 DOI:10.1016/j.ijbiomac.2008.01.010. PMID 18355915
  2. Lundberg et al., "A High Fidelity Thermostable DNA Polymerase Isolated from Pyrococcus Furiosus," Strategies 4:34-35 (1991) e Gene 1991 Dec 12;108(1):1-6)