ABRIXAS (acrónimo de A Broadband Imaging X-ray All-sky Survey) foi un observatorio espacial alemán de raios X lanzado o 28 de abril de 1999 mediante un foguete Kosmos 3 desde o cosmódromo de Kapustin Yar. O observatorio deixou de funcionar pouco despois do lanzamento.[2][4][5]

ABRIXAS
ABRIXAS
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónCentro Aeroespacil Alemán (DLR, Deutsches Zentrum für Luft- und Raumfahrt e.V.)
Satélite deTerra
Data de lanzamento28 de abril de 1999[1][2][3]
Foguete portadorKosmos 3[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas en raios X[2][3][4][5]
Decaemento31 de outubro de 2017[1]
NSSDC ID1999-022A
Masa550 kg[2][4][5]

Características editar

A misión de ABRIXAS era realizar observacións astronómicas en raios X na banda de enerxías entre 0,5 e 10 keV cunha resolución de 30 segundos de arco. A misión complementaría o estudo en raios X de entre 0,1 e 2 keV feito polo observatorio espacial ROSAT e tería durado 3 anos como mínimo, durante os que se esperaba descubrir 100 000 novas fontes de raios X.[2][4][5]

A batería da nave sobrecargouse accidentalmente tres días despois do lanzamento, deixándoa incomunicada e inutilizable. Fixéronse intentos de recuperar o contacto co satélite no momento en que os paneis solares quedaron iluminados polo Sol, pero non deron resultado. O proxecto, cun custo de 20 millóns de dólares, foi abandonado. ABRIXAS reentrou na atmosfera terrestre o 31 de outubro de 2017.[4][5]

Instrumentos editar

A carga científica foi desenvolvida por MPE/Garching e o Instituto de Astrofísica de Potsdam, e consistía nun detector CCD de 36 cm² (idéntico ó da cámara EPIC do XMM-Newton.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ABRIXAS" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "1999-022A" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-87116 (E)). 14 de setembro de 2001: 7. Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Abrixas" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "ABRIXAS" (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2012.