88ª edición dos Óscar

A 88.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 28 de febreiro de 2016 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonia foi, por segunda vez, Chris Rock.[1]

Spotlight gañou dous premios incluído o de mellor filme, converténdose no primeiro filme desde O maior espectáculo do mundo en gañar só outro premio á parte do principal. Mad Max: Fury Road, con seis galardóns, foi o filme máis premiado da edición.[2] The Revenant gañou tres premios, incluídos o de mellor director (segundo consecutivo na categoría para Alejandro González Iñárritu e mellor actor para Leonardo DiCaprio, primeira vitoria tras cinco candidaturas previas en máis de vinte anos. A audiencia televisiva foi de 34.42 millóns de telespectadores nos Estados Unidos.[3]

Gañadores e nomeados editar

 
Alejandro G. Iñárritu, mellor director.
 
Leonardo DiCaprio, mellor actor.
 
Brie Larson, mellor actriz.
 
Mark Rylance, mellor actor secundario.
 
Alicia Vikander, mellor actriz secundario.
 
Tom McCarthy, mellor guión orixinal.
 
Adam McKay, mellor guión adaptado.
 
Jonas Rivera, mellor filme de animación.
 
László Nemes, mellor filme en lingua non inglesa.
 
Ennio Morricone, mellor banda sonora.

Os candidatos foron anunciado o 14 de xaneiro de 2016 no Samuel Goldwyn Theater de Beverly Hills, California, polos directores Guillermo del Toro e Ang Lee, a presidenta da Academia Cheryl Boone Isaacs e o actor John Krasinski.[4]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor deseño de produción Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios de Honra editar

A Academia tamén celebrou a sexta edición dos Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2015, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.

Oscars de Honra editar

Premio humanitario Jean Hersholt editar

Controversia editar

Pouco despois do anuncio das candidaturas, moitos medios observaron unha falta de diversidade entre os nomeados das principais categorías. Por segunda edición consecutiva, os vinte intérpretes e catrod dos cinco directores candidatos eran caucasianos.[5] O activista April Reign foi acredidato por inicar o cancelo #OscarsSoWhite.[6] Ademais, a actriz Jada Pinkett Smith e o Spike Lee anunciaron plans para boicotear a cerimonia e animaron a non ver a emisión por televisión en protesta da falta de diversidade.[7] O actor e modelo Tyrese Gibson e o rapeiro 50 Cent fixeron presión sobre Chris Rock para que renunciase a presentar a cerimonia.[8]

Predecesor:
87ª edición dos Óscar
Premios Óscar
88ª edición dos Óscar
Sucesor:
89ª edición dos Óscar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. Moraski, Lauren (21 de outubro de 2015). "Chris Rock will host the 2016 Oscars". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  2. ""Spotlight" wins best picture". The Denver Post. 28 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  3. Kissell, Rick (1 de marzo de 2016). "Final Oscar Ratings: 34.4 Million Viewers, Down Only 2% Among Blacks". Variety. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  4. Coggan, Devan (13 de xaneiro de 2016). "John Krasinski, Guillermo del Toro, Ang Lee to announce Oscar nominations". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  5. Keegan, Rebecca; Zeitchik, Steven (14 de xaneiro de 2016). "Oscars 2016: Here's why the nominees are so white -- again". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2016. 
  6. Griggs, Brandon (14 de xaneiro de 2016). "Once again, #OscarsSoWhite". CNN. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  7. "Spike Lee, Jada Pinkett Smith Call for Oscar Boycott". Variety. 18 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  8. Konerman, Jennifer (20 de xaneiro de 2016). "50 Cent, Tyrese Gibson Call for Chris Rock to Step Down as Oscars Host". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.