86ª edición dos Óscar

A 86ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2013 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 2 de marzo de 2014 no Dolby Theatre en Hollywood, California. A cerimonia tívose que pospoñer unha semana por mor da confluencia cos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 de Sochi, Rusia.[1] Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan. A actriz e humorista Ellen DeGeneres foi a presentadora da gala por segunda vez. DeGeneres xa presentara a 79ª cerimonia no 2007.[2][3]

Gravity gañou sete premios, a que máis durante a cerimonia, incluíndo o mellor director para Alfonso Cuarón. 12 anos de escravitude gañou tres premios, incluíndo o mellor filme e mellor actriz secundaria para Lupita Nyong'o. Dallas Buyers Club tamén gañou tres premios, converténdose no quinto filme na historia dos premios en gañar o mellor actor e o mellor actor secundario para Matthew McConaughey e Jared Leto respectivamente. Outros gañadores foron Frozen e The Great Gatsby, con cadanseus dous premios. Cate Blanchett gañou o de mellor actriz por Blue Jasmine, o único premio do filme. Outros filmes que gañaron un premios foron The Great Beauty, Helium, Her, The Lady in Number 6: Music Saved My Life, Mr Hublot e 20 Feet from Stardom. Cuarón e Catherine Martin foron as únicas persoas en recoller múltiples premios, con dous trofeos cada un.[4][5]

Gañadores e nomeados editar

 
Alfonso Cuarón, mellor director.
 
Matthew McConaughey, mellor actor.
 
Cate Blanchett, mellor actriz.
 
Jared Leto, mellor actor secundario.
 
Lupita Nyong'o, mellor actriz secundaria.
 
Spike Jonze, mellor guión orixinal.
 
Paolo Sorrentino, mellor filme en lingua non inglesa.

Os nomeados da 86ª edición foron anunciados o 16 de xaneiro de 2014, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Cheryl Boone Isaacs, presidente da Academia, e o actor Chris Hemsworth.[6] American Hustle e Gravity foron os máis nomeados, con 10 candidaturas.[7][8]

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[9]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor deseño de produción Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Premios de Honra editar

A Academia tamén celebrou a quinta edición dos Premios Gobernadores o 16 de novembro de 2013, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[11]

Oscars de Honra editar

Premio humanitario Jean Hersholt editar

Predecesor:
85ª edición dos Óscar
Premios Óscar
86ª edición dos Óscar
Sucesor:
87ª edición dos Óscar

Notas editar

  1. "2014 Oscars show moves to March to avoid Winter Olympics clash". Chicago Tribune (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013. 
  2. Weisman, Jon (2 de agosto de 2013). "Ellen DeGeneres To Host Oscars". Variety (PMC). Consultado o August 2, 2013. 
  3. Kennedy, Lisa (2 de agosto de 2014). "Ellen DeGeneres to host Academy Awards". Denver Post (MediaNews Group). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  4. "Oscars 2014: live". Daily Telegraph. 2 de marzo de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  5. "Oscars 2014 live: the ceremony". Guardian. 2 de marzo de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  6. Whitty, Stephen (16 de xaneiro de 2014). "2014 Oscars: Jersey-set 'American Hustle,' outer-space 'Gravity' lead nominations". The Star-Ledger (Advance Publications). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  7. King, Susan; Lynch, Rene (16 de xaneiro de 2014). "2014 Oscar nominations: 'American Hustle' shuffles David O. Russell to front of the pack again". Los Angeles Times (Tribune Company). Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  8. "Oscar nominations 2014: Gravity and Hustle edge out Slave". The Guardian (Guardian Media Group). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  9. "2014 Academy Awards Winners: Full List". Variety. 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de marzo de 2014. 
  10. A Academia revogou o nomeamento de Alone Yet Not Alone despois de determinar que o compositor Bruce Broughton violou as regulacións de promoción da Academia.
  11. "Academy Unveils 2013 Governors Awards: Honorees Angelina Jolie, Angela Lansbury, Steve Martin, Piero Tosi". Deadline.com (PMC). Consultado o 5 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar