7:35 de la mañana

7:35 de la mañana é unha curtametraxe escrita e dirixida polo director cántabro Nacho Vigalondo. Ten unha duración de 8 minutos e está gravado en branco e negro, a historia está filmada nun único escenario representando unha cafetaría. Obtivo varios premios e mencións en festivais de cinema, pero sen dúbida o máis significativo e importante foi a candidatura ao Oscar en 2004.

7:35 de la mañana
Ficha técnica
Título orixinal7:35 de la mañana
DirectorNacho Vigalondo
GuiónNacho Vigalondo
IntérpretesNacho Vigalondo, Marta Belenguer, Antonio Tato, Borja Cobeaga, Javier Reguilón, Alejandro Garrido, Alejandro Tejería
MúsicaNacho Vigalondo
Estrea2003
Duración8 minutos
OrixeEspaña España
Na rede
http://www.735am.com
IMDB: tt0406501 Filmaffinity: 146852 Allocine: 109998 Allmovie: v320082 Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

A curtametraxe conta a historia dunha muller (Marta Belenguer) que, como cada mañá, chega á súa cafetaría de sempre e pide o mesmo de cada día. A diferenza hoxe é que todo o mundo está calado, ninguén se move nin fala, ata que un dos clientes (Nacho Vigalondo) comeza a cantar o que parece unha declaración amorosa.

Toda a curtametraxe xira arredor da canción que están a cantar o protagonista e mailos clientes da cafetaría.

Premios editar

  • Premio do público á mellor curtametraxe no Festival de cinema fantástico de Suecia.
  • Premio á mellor curtametraxe no festival Cinema Jove de Valencia.
  • Candidata ao Oscar á mellor curtametraxe
  • Candidata a mellor curtametraxe europea.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar