432 Park Avenue é un rañaceos situado en Manhattan, Nova York, Estados Unidos. Cunha altura de 426 metros e 85 andares é o edificio residencial máis alto do mundo e o cuarto máis alto de Nova York pola altura da azotea (foi até o 2019 o segundo máis alto desta cidade por altura total, só por detrás do One World Trade Center, que acada os 546,2 m).

432 Park Avenue
Edificio
Estilomoderno
Custo1.250 millóns de dólares
LocalizaciónManhattan, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Coordenadas40°45′42″N 73°58′19″O / 40.761666666667, -73.971944444444Coordenadas: 40°45′42″N 73°58′19″O / 40.761666666667, -73.971944444444
Uso(s)residencial + comercial (só nas primeiras plantas)
Construción
Construción
  • Cimentación: setembro 2011
  • Estrutura: maio 2012
  • Alcanzou altura máxima: outubro 2014
Dimensións
Superficie38.335 m2
Altura da azotea425,5 m
Altura da última planta392,1 m
Plantas88 + 3 subterráneas[1]
Número de ascensores6[1]
Equipo
Arquitecto(s)Rafael Viñoly e SLCE Architects, LLP[2]
Enxeñeiro estrutural
  • Deseño: WSP Cantor Seinuk[1]
  • Supervisor: Schlaich Bergermann und Partner[1]
ContratistaLend Lease[1]
PromotorCIM Group / Macklowe Properties[1]
editar datos en Wikidata ]

Deseño e construción editar

O rañaceos foi deseñado polo arquitecto uruguaio Rafael Viñoly, o cal se inspirou nunha papeleira creada por Josef Hoffmann, un deseñador austríaco.[3]

O traballo nos cimentos comezou en setembro de 2011, alcanzando o nivel do solo a comezos de 2013. A súa construción supuxo a demolición do Drake Hotel, do ano 1926. Foi completado o 23 de decembro do 2015, listo para a súa ocupación a comezos de 2016.[4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ficha do 432 Park Ave en Skyscrapercenter.com. Consultado o 25/09/2015.
  2. Council on Tall Buildings and Urban Habitat. "432 Park Avenue". Arquivado dende o orixinal o 28-09-2015. Consultado o 29-9-2015. 
  3. Rhodes, Margaret. "NYC's $1.3B Supertall Skyscraper Was Inspired by a Trash Can". Wired (en inglés). 
  4. "World Reaches 100 Supertall Skyscrapers with Completion of 432 Park Avenue" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar