360º visión envolvente

360° visión envolvente (tamén coñecida como "Omniview technology" ou vista de paxaro "bird view technology") é unha tecnoloxía de ADAS asociada á instalación de catro ou máis cámaras na fronte, laterais e parte traseira do chasis dun vehículo. A súa saída ao mercado data de 2007.[1]

Información presentada ao condutor no sistema de navegación
Interface común do sistema

Descrición editar

A funcionalidade de 360° visión envolvente forma parte dos sistemas de asistencia ao aparcamento, co principal obxectivo da cobertura dos puntos mortos resultantes da falta de visión total do condutor e dos espellos. A partir de, como mínimo, catro cámaras con obxectivo de ollo de peixe situadas dúas debaixo dos espellos, unha na ponte dianteira e outra na traseira para cubrir 360° ao redor do vehículo o sistema de software embebido corrixe a distorsión destas lentes para presentalas por pantalla ao condutor sobre unha superfice plana cun .png do vehículo real no centro.

Un método de unión de imaxes modula unha transición suave entre imaxes adxacentes. Posteriormente un bloque de post-procesamento axusta a balanza de brillo para compesar diferenzas sistémicas entre as distintas condicións de exposición das catro cámaras. En suma imaxes superpostas en forma de gráficos (liñas, textos, polígonos ...) axudan ao condutor a finalizar a manobra: o túnel que produce o xiro do volante, información de velocidade, a distancia entre rodas etc ...[2]

Notas editar

  1. https://www.engadget.com/2007/09/17/infinitis-ex35-around-view-monitor-system-makes-windows-redunda/ 360º visión envolvente
  2. M., Yu; G. and Commer, Ma (2014). 360° Surround View System with Parking Guidance. SAE international. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Provedores industriais (Tier1) da tecnoloxía de Omniview :