3/24 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada integramente á emisión de noticias, as 24 horas do día.

3/24
Inicio das emisións 11 de setembro de 2003
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 1,0% (outubro de 2010, TNS)
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Illas Baleares
Andorra
Francia Pireneos Orientais
Sede central Sant Joan Despí
Canle/s irmá(s) TV3
El 33
Esport 3
Canal Super3
3XL
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.ccma.cat/324/

Comezou a emitir o 11 de setembro de 2003, nunha iniciativa para desenvolver a televisión dixital terrestre (TDT), aínda que nun principio emitía simultaneamente a través da televisión analóxica convencional. Emitía programas informativos da primeira canle catalá (TV3) e desde outubro do mesmo ano comezou a producir as súas propias emisións.

Os directores que tivo 3/24 foron Esther Fernández (2003 – 2004), Jordi Ferrerons (2004 – 2006), Manuel Raya (2006 – 2012), Guillem Roig (2012-2015) e Agustí Esteve[1] (desde 2015).[2]

Programación editar

O obxectivo da canle 3/24 era transmitir información en directo e programas de actualidade. Xunto a TV3 emite os informativos Telenotícies Migdia e Telenotícies Vespre. A fórmula son informativos de media hora que inclúen información meteorolóxica, deportiva e de tráfico (a primeira hora da mañá), ademais de conexións coa Bolsa de Barcelona. Os informativos de 20:15 a 20:30 e de 00:05 a 00:30 están dedicados exclusivamente ao deporte. Dende as 08:00 horas ata as 10:15 horas do día 24/03 emítese o programa Els matins.

Na franxa horaria entre as 20:00 e as 20:30, deixa paso á emisión de Canal Parlament, tamén producido por Televisió de Catalunya. Ademais, cada media hora emite un boletín de noticias que inclúe información meteorolóxica e económica. O boletín das 00:00 dedícase exclusivamente aos deportes. Ademais dos noticieiros, realízanse diariamente entrevistas sobre temas de actualidade.

Audiencia editar

Ano Media anual
2007 0,5%
2008 0,5%
2009 0,7%
2010 1,1%
2011 1,1%
2012 1,3%
2013 1,2%
2014 1,3%
2015 1,5%
2016 1,5%
2017 2,0%
2018 1,8%
2019 2,2%[3]
2020 1,7%[4]
2021 1,4%[5]
2022 1,4%[6]

Notas editar

  1. "Relleu de presentadors a TV3 de cara a la nova temporada de tardor". ccma.cat (en catalán). 25 de xuño de 2015 [actualizado o 26 de xuño de 2015]. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  2. "Com va començar tot". ccma.cat (en catalán). 27 de agosto de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  3. Redacción (31 de decembro de 2019 [actualizado o 1 de xaneiro de 2023]). "TV3 tanca el 2019 com a líder, amb el millor resultat des del 2010". ccma.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  4. Gutiérrez, Àlex (1 de xaneiro de 2021). "«TV3 amplia el seu rècord i lidera les audiències onze anys seguits". ara.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  5. Redacción (3 de xaneiro de 2022). "TV3 és líder d’audiència per 12è any seguit". comunicacio21.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 
  6. Gutiérrez, Àlex (1 de xaneiro de 2023). "«TV3 es manté tretze anys líder mentre Antena 3 aconsegueix un ‘sorpasso’ històric a Espanya»". ara.cat (en catalán). Consultado o 30 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar