2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo)

2010 FIFA World Cup South Africa é o videoxogo oficial do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, publicado por EA Sports.[1] O videoxogo foi anunciado o 26 de xaneiro do ano 2010 por GameSpot, e lanzado en Estados Unidos o 27 de abril de 2010.[1] Este xogo contén 199 das 204 seleccións de fútbol que existen no mundo e tamén inclúe as probas de clasificación para o mundial 2010, as únicas seleccións que xogaron as probas clasificatorias e que non aparecen no xogo son a República Central Africana, a Selección nacional de Eritrea, a Selección de Fútbol de São Tomé e Príncipe, Bután e Guam.

2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo)
Desenvolvedor(es)EA Vancouver
Distribuidora(s)EA Sports
Lanzamento27 de abril de 2010
Xénerojogo eletrônico de futebol
Modos de xogovideoxogo para un xogador e videoxogo multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Wii, Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation Portable, PlayStation 2 e iOS
editar datos en Wikidata ]

Ademais tampouco aparecen as seleccións de Brunei, Laos, Papúa Nova Guinea e as Filipinas.

Valoracións editar

O xogo foi valorado cun nove para a edición para PS3, cun oito con tres para Xbox, cun seis para PSP e cun seis con cinco para Wii.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 FIFA World Cup 2010 Q&A With Simon Humber Arquivado 07 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., uk.gamespot.com