16 regras do esperanto

O esperanto é unha lingua auxiliar artificial, que segue o modelo gramatical das linguas naturais, aínda que tenta evitar parte das dificultades destas, simplificando a gramática, evitando as excepcións e fixando regras o máis claras posíbeis.

Adóitase resumir a súa gramática básica en 16 regras (publicadas no Fundamento de Esperanto, 1906), que poden enunciarse da seguinte maneira:

  1. O esperanto só posúe o artigo determinado la, igual para todos os xéneros, números e casos. Carece de artigo indeterminado.
  2. Os substantivos rematan en -o. Para formar o plural engádeselle un j ao singular. A lingua só ten dous casos: nominativo e acusativo; este último fórmase engadindo un n ao nominativo. Os demais casos fórmanse con preposicións: o xenitivo con de (de), o dativo co al (a), o ablativo con per (por) ou con outras preposicións, segundo o sentido.
  3. O adxectivo remata en a. Os Seus casos e números fórmanse como nos substantivos. O grao comparativo formase, co adxectivo coa palabra pli (máis) e o superlativo coa palabra plej (o máis). O "qué" do comparativo tradúcese por ol, e o "de" do superlativo por el.
  4. Os adxectivos numerais cardinais son invariábeis: unu (1), du (2), tri (3), kvar (4), kvin (5), ses (6), sep (7), ok (8), naŭ (9), dek (10), cent (100), mil (1000). As decenas e centenas fórmanse pola simple reunión dos mencionados numerais. Aos adxectivos numerais cardinais engádeselles a terminación a do adxectivo, para formar os numerais ordinais; obl para os múltiplos; on para os fraccionarios; op para os colectivos. Po antes dos cardinais forma os distributivos.
  5. Os pronomes persoais son: mi (eu), vi (ti, vostede, vostedes, vós), li (el), ŝi (ela), ĝi (ele, ela, para animais ou cousas), si (se, si, reflexivo), ni (nós), ili (eles, elas), oni (se, un). Engadíndolles a terminación a do adxectivo fórmanse os adxectivos ou pronomes posesivos. Os pronomes declínanse como substantivos.
  6. O verbo é invariábel nas persoas e nos números. O presente remata en as, o pasado en is, o futuro en os, o condicional en us, o imperativo en u e o infinitivo en i. Os participios activos, en ant o de presente, em int o de pasado e em ont o de futuro. Os participios pasivos, en at o de presente, en it o de pasado e en ot o de futuro. A voz pasiva fórmase co verbo esti (ser) e o participio pasivo do verbo que se conxuga. O "de" ou o "por" do ablativo axente tradúcense por de.
  7. O adverbio remata en e. Os seus graos de comparación fórmanse como os do adxectivo.
  8. Todas as preposicións rexen, por si mesmas, o nominativo.
  9. Toda palabra pronúnciase do mesmo modo como se escribe.
  10. O acento tónico cae sempre sobre a penúltima sílaba.
  11. As palabras compostas fórmanse pola simple reunión dos elementos que as forman. Nelas a palabra fundamental vai sempre ao final. Os afixos e terminacións considéranse como palabras.
  12. Se na frase xa hai unha palabra negativa suprímese o adverbio ne (non).
  13. A palabra que indica o lugar onde se vai leva a terminación do acusativo.
  14. Toda preposición ten en esperanto, un sentido invariable e ben determinado, que fixa o seu emprego. Porén, cando o sentido que queremos expresar non indica con toda claridade que preposición debemos empregar, usaremos a preposición je, que non ten significado propio. Esta regra non dana a claridade, pois en tales casos, todas as linguas empregan calquera preposición, sen máis norma que a costume. En vez de je pódese empregar tamén o acusativo, se non crear ambigüidade.
  15. As palabras "estranxeiras", é dicir as que a maior parte das linguas teñen tirado dunha mesma orixe, non sofren alteración ao pasar ao esperanto, mais adoptan a súa ortografía e as súas terminacións. Porén, das distintas palabras derivadas dunha mesma raíz, é preferíbel empregar inalterada soamente a palabra fundamental, e formar as demais segundo as regras do esperanto.
  16. As terminacións a do artigo e o do substantivo en singular poden suprimirse, substituíndoas cun apóstrofo.