1ª edición dos Óscar

(Redirección desde «1ª edición dos Oscar»)

A 1.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 16 de maio de 1929 no Hollywood Roosevelt Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Douglas Fairbanks. Os billetes custaban 5 dólares e 270 asistiron ao acto, que durou 15 minutos. Foi a única cerimonia dos Óscar que non foi emitida por radio nin por televisión.

Os filmes elixibles foron os estreados en 1927 e 1928 e os gañadores foron anunciados tres meses antes da cerimonia. Algúns dos candidatos foron anunciados sen referirse a un filme concreto, como na categoría de mellores efectos de enxeñaría.

Os principais filmes gañadores foron 7th Heaven e Sunrise, que gañaron tres premios cada un, e Wings, que recibiu dous premios. Sunrise gañou o premio á Mellor produción singular e artística e Wings o de mellor filme destacado. As dúas categorías consideráronse igualmente o premio maior da noite, tratando de honrar aspectos diferentes e importantes do cinema. O ano seguinte, a Academia suprimiu o premio á produción singular e artística e decidiu retroactivamente que o premio gañado por Wings era o premio máis importante outorgado.[1]

Premios editar

 
Frank Borzage, mellor director
 
Emil Jannings, mellor actor
 
Janet Gaynor, mellor actriz
 
Charles Chaplin, Óscar honorífico

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.

Mellor filme destacado Mellor produción singular e artística
Mellor director de comedia Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor argumento orixinal Mellor guión
Mellor fotografía Mellor dirección de arte
Mellores efectos de enxeñaría Mellor escritura de rótulos

Óscar honorífico editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 The Circus recibiu orixinalmente catro candidaturas: mellor filme destacado, mellor director de comedia, mellor director e mellor guión orixinal para Charlie Chaplin. Porén, a Academia decidiu retirar o nome de Chaplina das candidaturas competitivas e outorgarlle un premio honorífico "por actuar, escribir, dirixir e producir The Circus".
Referencias
  1. "The Official Academy Awards Database". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Consultado o 11 de novembro de 2019.  Reader must select "1927/28" in the "Award Year(s):" drop-down menu and press "Search".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Predecesor:
(Primeira edición)
Premios Óscar
1ª edición dos Óscar
Sucesor:
2ª edición dos Óscar