007: A espía que me amou

Filme de 1977 dirixido por Lewis Gilbert

007: A espía que me amou (en inglés: The Spy Who Loved Me) é o décimo filme da franquía James Bond e o terceiro protagonizado por Roger Moore interpretando o axente 007. Barbara Bach e Curt Jürgens coprotagonizan o filme ó seu carón. Foi dirixido por Lewis Gilbert e o guión foi escrito por Christopher Wood e Richard Maibaum.

007: A espía que me amou
Ficha técnica
Título orixinalThe Spy Who Loved Me
DirectorLewis Gilbert
ProdutorAlbert R. Broccoli
GuiónChristopher Wood
Richard Maibaum
Baseado enJames Bond de Ian Fleming
IntérpretesRoger Moore
Barbara Bach
Curd Jürgens
MúsicaMarvin Hamlisch
FotografíaClaude Renoir
MontaxeJohn Glen
EstudioEon Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 7 de xullo de 1977
Duración125 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroAcción
Orzamento$14 000 000
Recadación$185 400 000
Na rede
http://www.mgm.com/view/Movie/1891/The-Spy-who-loved-Me/
IMDB: tt0076752 Filmaffinity: 785986 Allocine: 1183 Rottentomatoes: m/spy_who_loved_me Mojo: spywholovedme Allmovie: v46311 TCM: 24269 Metacritic: movie/the-spy-who-loved-me TV.com: movies/the-spy-who-loved-me Netlix: 992750Editar o valor em Wikidata

O filme toma o seu nome da novela de Ian Fleming The Spy Who Loved Me, o décimo libro das novelas e historias de James Bond, malia que moitos elementos do argumento da novela non aparecen no filme. A historia xira arredor da personaxe de Karl Stromberg, que quere destruír o mundo e crear unha nova civilización baixo o mar. Bond únese á axente rusa Anya Amasova para deter a Stromberg.

Foi rodado en Exipto (O Cairo e Luxor) e Italia (Costa Smeralda, Sardeña), e as escenas submarinas foron rodadas nas Bahamas (Nassau), e un novo plató construído nos Pinewood Studios foi construído para representar o interior do supertanque acuático. A espía que me amou foi ben recibida pola crítica. A banda sonora composta por Marvin Hamlisch tamén tivo un enorme éxito. O filme foi nomeado a tres Premios Oscar e foi reconvertido en novela en 1977 por Christopher Wood co título James Bond, The Spy Who Loved Me.

Personaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar