.org é un dominio de Internet xenérico que forma parte do sistema de dominios de Internet. O domino .org foi creado en xaneiro de 1985 e é manexado desde 2003 por Public Interest Registry.

.org
Logo
TipoDominio de primeiro nivel xenérico
Data de fundación1 de xaneiro de 1985
Na rede
http://pir.org/
editar datos en Wikidata ]

O seu obxectivo é o de servir a organizacións que non se clasifican adecuadamente nos outros dominios. Na actualidade non existen requisitos particulares para rexistrar un dominio .org. Os dominios .name son onde xeralmente se rexistran os individuos.

Moitos países teñen dominios de segundo nivel co mesmo propósito. Os seus nomes xeralmente rematan en .org.xx ou .or.xx onde xx é o nome do dominio dun país.

Os proxectos de software libre adoitan rexistrar os seus servidores en dominios .org, por exemplo, OpenOffice.org ou Wikipedia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • RFC 920 Documento que define o dominio .org así como outros dominios xenéricos