.nfo

extensión de arquivo

.nfo (tamén escrito .NFO ou NFO) é unha extensión de arquivo que acompaña habitualmente arquivos warez incluídos en formatos comprimidos .zip ou .rar. É un arquivo de texto que se pode abrir co Notepad de Windows[1] ou outro similar (como DAMN NFO Viewer), onde xeralmente están as instrucións para o crack do programa que se quere usar ou información achega do DVD ou CD pirateado,[2] ademais adoita aparecer tamén quen programou o crack e a páxina web do equipo que o desenvolveu. Pode conter só texto ou imaxes feitas con Arte ASCII.

Un exemplo de arquivo .nfo, baseado en Wikipedia.

Moitas veces ao abrir esta clase de arquivo detéctase como erro, xa que este formato é equivalente á extensión .NFO dos arquivos de información do sistema de Windows, que se abren comunmente coa aplicación "Información do Sistema" incluída no sistema operativo.

NFO tamén fai referencia ás siglas en inglés News Feed Optimization, que quere dicir a forma de optimizar o contido para ser relevante e poder aparecer no muro dos usuarios de Facebook.

Notas editar

  1. "Como abrir arquivos .nfo" (en castelan). Consultado o 4 de marzo de 2012. 
  2. "Información en fileinfo.com" (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2012.