Ögödei, tamén chamado Ugedei, Ogedei ou Ogotai, nado en 1186 e finado no 1241, foi o sucesor e terceiro fillo de Xenxis Kan. Con el o Imperio Mongol coñeceu a máxima expansión como unidade política.

Infotaula de personaÖgödei

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(mn) ᠣᠭᠡᠳᠡᠢ ᠬᠠᠭᠠᠨ
(mn) Өгэдэй хаан Editar o valor em Wikidata
Nome de templo太宗 Editar o valor em Wikidata
Nome póstumo英文皇帝 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mn) ᠣᠭᠡᠳᠡᠢ Editar o valor em Wikidata
c. 7 de novembro de 1186 Editar o valor em Wikidata
Camague Mongol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 1241 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Imperio Mongol Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza e Alcoholismo Editar o valor em Wikidata
Khagan of the Mongol Empire (en) Traducir Imperio Mongol
13 de setembro de 1229 – 11 de decembro de 1241
← Tolui (pt) TraducirTöregene Khatun (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Mongol Editar o valor em Wikidata
RelixiónTengrismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónKhan (título) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua mongol Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGran Khan Editar o valor em Wikidata
FamiliaBorjigin (pt) Traducir e Chingissid (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBorakchin Khatun (pt) Traducir
Hutieni (pt) Traducir
Muge Khatun (pt) Traducir
Töregene Khatun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGüyük
 () Töregene Khatun (pt) Traducir
Khashi (pt) Traducir
 () Borakchin Khatun (pt) Traducir
Khadan (pt) Traducir
 ()
Mieli (pt) Traducir
 () Hutieni (pt) Traducir
Khorachar (pt) Traducir
 ()
Godan Khan (pt) Traducir
 () Hutieni (pt) Traducir
Khochu (pt) Traducir
 ()
Sürkhakhan (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisGenghis Khan Editar o valor em Wikidata  e Börte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChecheyikhen (en) Traducir, Alahaibieji (pt) Traducir, Tümelün (en) Traducir, Aletalun (pt) Traducir, Huochenbieji (pt) Traducir, Yeli'andun (pt) Traducir, Jochi, Djaghatai Khan (pt) Traducir, Wuluchi (pt) Traducir, Kuoliejian (pt) Traducir, Chawuer (pt) Traducir, Shuerche (pt) Traducir e Tolui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

De personalidade carismática, intelixente e estable de carácter, foi o fillo predilecto de Xenxis Kan. Pragmático e consciente de que carecía da xenialidade do seu pai, soubo concitar a fidelidade de familiares, xenerais e conselleiros capaces de continuar a obra daquel. Foi elixido khan en 1229, polo kuriltai, que non fixo outra cousa que adherirse á designación feita por Xenxis Kan.

Campañas editar

Tras a toma de Kaifeng e a execución de todos os homes chin, destruíu o Imperio Chin en 1234, ameazando o Imperio Song. En 1235 iniciouse unha longa guerra, onde concentraría especialmente o súa presenza máis directa e que foi poñendo nas súas mans a case a totalidade da actual China. Lanzou tres campañas contra Corea, que atoparon unha feroz resistencia civil. Acabou facendo deste país un estado vasalo.

En 1230, enviou a un dos grandes xenerais do seu pai Chormaqan a completar a conquista de Persia. O fillo do sha de Samarcanda, Jala al Din, tentaba reconstruír en Irán o imperio do seu pai (Corasmia). Un exército mongol de preto de 50.000 homes saíu de Bukhara, cruzou o río Amu Dayra e derrotou a Jala al Din. Seguidamente fíxose con Acerbaixán, boa parte de Xeorxia e Armenia e, tras tomar Cabul, puxo a Afganistán baixo o seu dominio.

En 1235, enviou a un exército de 150.000 homes cara occidente. O fillo do seu irmán máis vello Batu Kan co mítico xeneral mongol Subedei avanzou cara ao Volga esmagando a búlgaros e polovtsi. En 1237 cruzaba o gran río e avanzaba polas estepas rusas derrotando ao Gran Duque Vladimir, facendo vasala a cidade de Novgodod e internándose vitorioso en Europa; Ucraína (toma de Kíiv) Lituania e Polonia (destrución de Cracovia) caían vencidas ante un exército descoñecido capaz de facer 650 quilómetros nun mes ata o río Oder, xa ás portas do Sacro Imperio Romano Xermánico. O duque Henrique o Piadoso reuniu un poderoso exército con alemáns, checos e grandes ordes militares (templarios, hospitalarios e teutóns) que foi literalmente aniquilado. A cabeza do duque foi paseada ante as murallas de Leignitz que deu nome á batalla. O rei Venceslau de Chequia retirouse detrás dos Cárpatos.

En Hungría, o rei Bela IV, á súa vez, agardaba o ataque organizando o seu exército en Pest. En tres días, as primeiros destacamentos mongois atravesaban os Cárpatos tomando dirección cara ao Danubio. Bela IV, un día despois da derrota xermano-polaca de Leignitz, caía na trampa de Mohi onde morrerían decenas de miles de guerreiros europeos, incluídos catro bispos e tres arcebispos. Ögödei sería coñecedor de que os seus exércitos arrasaban Pest, acadaban o Adriático entrementres o seu seu fillo Güyuk campaba a través de Transilvania.

A facilidade con que caíron os primeiros reinos e principados centroeuropeos animouno a ordenar a invasión de Europa Occidental ata o Gran Océano (o Atlántico). Cando os seus exércitos estaban preto dunha inerme Viena, a morte sobreveulle de xeito providencial e salvou occidente de converterse nunha provincia mongol.

Goberno editar

Aconsellado polo sabio Ieh-lü Chu-tsai, moderou o xenocidio do norte da China, mantendo á masa campesiña con vida co fin de facer dela unha clase produtora a cal cobrarlle impostos. Suplantou a autoridade militar pola civil, dividindo o país en dez distritos. As cidades e os sacerdotes taoístas tamén foron suxeitos de exancións impositivas. Rescatou da catividade a varios sabios e creou un centro de formación para oficiais chineses e mongois

En Europa estableceu unha rudimentaria administración onde se chegou a acuñar moeda, pero as matanzas foron a tónica xeral.

En Persia puxéronse as bases dun novo estado mongol que afiaba as súas gadoupas sobre o califato de Bagdad.

Afeccionado ao alcohol, foi minando a súa saúde. Morreu dunha borracheira tras unha cacería.

O seu Imperio de dimensión planetaria restableceu a Rota da Seda, eixe comercial e cultural primordial entre o Leste e o Oeste.

Sucedeulle o seu fillo Güyük, tras cinco anos de rexencia dunha das súas viúvas Töregene Khatun, quen soubo concitar o consenso suficiente ao seu redor, malia os expresos desexos do propio Ögëdei, que designara o fillo doutra súa muller. Güyuk khan non foi recoñecido por Batu que creou o Khanato Kipchak en Rusia.