Ödön von Horváth

Edmund Josef von Horváth (coñecido como Ödön von Horváth; nado o 9 de decembro de 1901 en Fiume, hoxe Rijeka; morto o 1 de xuño de 1938 en París) foi un escritor austrohúngaro en lingua alemá.

Ödön von Horváth
Nome completoEdmund Josef von Horváth
Nacemento9 de decembro de 1901
 Rijeka
Falecemento1 de xuño de 1938
 Avenida dos Campos Elisios
SoterradoHeiligenstädter Friedhof
NacionalidadeHungría
Alma máterUniversidade de Múnic
Ocupacióndramaturgo e escritor
CónxuxeMaria Elsner
Coñecido/a porMocidade sen deus
PremiosKleist Prize
Na rede
IMDB: nm0902463 Allocine: 84346 Allmovie: p312131
Bitraga: 4537 iTunes: 320679568 Musicbrainz: 74f13f6c-4645-4f94-b829-6bf7e3d950a9 Find a Grave: 14005965 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Edmund (en húngaro "Ödön") Josef von Horváth foi o primeiro fillo do diplomático austrohúngaro Dr. Ödön Josef von Horváth e de Maria Lulu Hermine, nada Prehnal. O pai era orixinario da rexión de Eslavonia, hoxe pertencente a Croacia e era membro da pequena nobreza da zona (o indicativo nobiliario faise en húngaro engadindo unha ‚H‘ á fin do apelido). A mai viña dunha familia húngaro-alemá, seu pai era médico militar do exército austro-húngaro..

A familia trasladouse en 1902 a Belgrado e en 1908 a Budapest, onde Ödön foi educado (en lingua húngara) por un profesor particular. Cando seu pai foi transferido a Múnic en 1909, Ödön permaneceu en Budapest estudando no internado episcopal, o Rákóczianum. En 1913 marchou vivir con seus pais e comezou a aprende-lo alemán. A familia mudouse a Pressburg, despois a Budapest e Ödön asentouse, despois dun novo traslado dos pais a Múnic, en Viena, baixo a protección de seu tío Josef Prehnal. Alí concluíu en 1919 os estudos secundarios nun ximnasio privado e no mesmo ano matriculouse na universidade de Múnic, onde asistiu a seminarios de psicoloxía, literatura, teatro e belas artes ata o semestre de inverno de 1921/1922.

Horváth comezou a escribir en 1920. A partir de 1923 viviu en sobre todo en Berlín, Salzburgo e con seus pais na cidade bávara de Murnau am Staffelsee, dedicándose de xeito cada vez máis intenso á literatura, por ben que moitos textos desa época foron destruídos polo propio autor. Malia que non estaba vinculado a ningún partido político, simpatizaba coias esquerdas. Foi testemuña nun xuízo conta o partido nacionalsocialista e nas súas pezas teatrais, como Sladek, der schwarze Reichswehrmann (1929), os avisos contra os perigos do fascismo fixéronse habituais. En 1929 abandonou a Igrexa católica.

A sona literaria Horváths acadou o seu primeiro punto culminante en 1931, cando recibiu o premio Kleist e foi representada a súa obra teatral máis coñecida Geschichten aus dem Wiener Wald (Historias dos bosques de Viena). En 1933 despois da toma do poder por Adolf Hitler a SA fixo unha pescuda na casa de seus pais en Murnau Horváth abandonou Alemaña. Os anos que seguiron pasounos en Viena e Henndorf, preto de Salzburgo, e converteuse nun dos membros máis importantes do círculo de Henndorfer, formado ó redor de Carl Zuckmayer.

A prohibición de representar as súas obras en Alemaña provocou que a súa situación económica fora difícil. O seu segundo grande éxito chegoulle en 1937, despois da publicación da súa novela Jugend ohne Gott (Mocidade sen deus) en Ámsterdam. A obra foi traducida a moitas linguas, pero en 1938 foi incluída na lista de obras prohibidas nos territorios do Terceiro Reich.

Despois do Anschluss, a anexión de Austria a Alemaña, en marzo de 1938, Horváth marchou primeiro a Budapest e Fiume, para instalarse a finais de maio en París. O primeiro de xuño de encontrouse co director Robert Siodmak, para falar da adaptación cinematográfica da novela Jugend ohne Gott. Esa mesma tarde morreu na avenida dos Campos Elisios a consecuencia do golpe dunha póla desprendida polo aire durante unha tormenta. Foi enterrado o 7 de xuño no cemiterio de Saint-Ouen de París.

As obras de Horváth viviron un renacemento nos anos 60 e o autor estableceuse como un dos clásicos modernos da literatura en lingua alemá.

Características da súa obra editar

Os temas sociais e políticos forman o núcleo da obra dramática de Horváth. Partindo das figuras de pequenos burgueses depauperados e sen futuro e de mulleres suxeitas a unha drástica dependencia patriarcal, debuxa retratos dunha sociedade socialmente depravada e allea. En obras serodias aparecen como tema cuestións relixiosas relativas á culpa e a responsabilidade. Nas obras Jugend ohne Gott e Ein Kind unserer Zeit (Un neno do noso tempo) Horváth trata o tema do ascenso do fascismo.

Horváth é considerado un renovador do teatro popular. Nas súas pezas dramáticas critica a linguaxe culta artificial, que trata de desenmascarar cunha linguaxe dialogada artificiosa e que pon de manifesto a falta de comunicación.[1]: „Entre a pequena burguesía produciuse a destrución da fala auténtica por medio da xerga culta. Por iso, para representar de xeito realista ós homes de hoxe, téñolles que facer falar na xerga culta. A xerga culta (e as súas causas) esixen naturalmente a crítica, e así nace o diálogo das novas obras de teatro populares e con el o Home e a acción dramática: unha síntese do serio e o irónico.“[2]

Obra editar

Pezas teatrais editar

  • Das Buch der Tänze, (o libro das danzas)1920
  • Mord in der Mohrengasse, (Asasinato na Mohrengasse)1923
  • Zur schönen Aussicht (Ás vistas panorámicas), 1926
  • Die Bergbahn, (O tren de montaña) 1926, orixinalmente Revolte auf Côte 3018 (revolta na coat 3018)
  • Sladek der schwarze Reichswehrmann, (Sladek o home negro do exército imperial) 1929, orixinalmente Sladek oder Die schwarze Armee (Sladek ou O exército negro).
  • Rund um den Kongreß, (O redor do Congreso) 1929.
  • Italienische Nacht, (Noite italiana) 1931
  • Geschichten aus dem Wiener Wald, (Historias dos bosques de Viena) 1931
  • Glaube Liebe Hoffnung, (Crenza Amor Esperanza)1932
  • Kasimir und Karoline, 1932
  • Die Unbekannte aus der Seine, (A descoñecida do Sena) 1933
  • Hin und her, (Dun lado a outro)1934
  • Mit dem Kopf durch die Wand, (Querendo imposibles) 1934
  • Don Juan kommt aus dem Krieg, (Don Juan ven da guerra) 1936
  • Figaro lässt sich scheiden, (Fígaro divórciase) 1936
  • Pompeji. Komödie eines Erdbebens, (Pompeji. Comedia dun terremoto)1937
  • Ein Dorf ohne Männer, (Unha vila sen homes) 1937
  • Himmelwärts, (Contra o ceo) 1937
  • Der jüngste Tag, ( O día máis novo) 1937

Novelas editar

  • Sechsunddreißig Stunden, (Trinta e seis horas) 1929
  • Der ewige Spießer]', (O eterno burgués) 1930
  • Mocidade sen deus[3], (no orixinal, Jugend ohne Gott) 1937
  • Ein Kind unserer Zeit, (Un neno do noso tempo) 1938

Outras obras en prosa editar

  • Sportmärchen, (Contos deportivos) 1924-1926
  • Interview, 1932
  • Gebrauchsanweisung, (Instrucións de uso)1932

Notas editar

  1. Henk J. Koning: Nestroy und Horváth: eine ungleiche Brüderschaft? In: Orbis Linguarum Vol. 21/2002 [1] Arquivado 07 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (eingesehen [26.01.2006])
  2. Ö.v.HORVÁTH : Gebrauchsanweisung (1932)
  3. Traducida por Patricia Buján e publicada por Irmás Cartoné en 2017.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kurt Bartsch: Ödön von Horváth. Sammlung Metzler. Bd 326. Metzler Stuttgart 2000. ISBN 3-476-10326-9
  • Peter Baumann: Ödön von Horváth "Jugend ohne Gott" - Autor mit Gott? Analyse der Religionsthematik anhand ausgewählter Werke. Lang, Bern 2003. ISBN 3-906770-82-6
  • Johanna Bossinade: Vom Kleinbürger zum Menschen. Die späten Dramen Ödön von Horváths. Abhandlungen zur Kunst-, Musik- und Literaturwissenschaft. Bd 364. Bouvier, Bonn 1988. ISBN 3-416-01982-2
  • Angelika Führich: Aufbrüche des Weiblichen im Drama der Weimarer Republik. Brecht - Fleißer - Horváth - Gmeyner. Germanistische Abteilung. Bd 109. Winter, Heidelberg 1992. ISBN 3-533-04494-7
  • Herbert Gamper: Horváths komplexe Textur. Dargestellt an frühen Stücken. Ammann, Zürich 1987. ISBN 3-250-10048-X
  • Ute Karlavaris-Bremer (Hrsg.): Geboren in Fiume, Ödön von Horváth 1901-1938. Lebensbilder eines Humanisten. Löker, Wien 2001. ISBN 3-85409-356-X
  • Janusz Golec: Alltag und Glück im Werk Ödön von Horváths. Uniw. Marii Curie-Sklodowskiej. Wydawn, Lublin 2002. ISBN 83-227-2018-1
  • Peter Gros: Plebejer, Sklaven und Caesaren. Die Antike im Werk Ödön von Horváths. Europäische Hochschulschriften. Reihe 1. Deutsche Sprache und Literatur. Bd 1550. Lang, Bern 1996. ISBN 3-906755-65-7
  • Ingrid Haag: Ödön von Horváth, Fassaden-Dramaturgie. Beschreibung einer theatralischen Form. Literarhistorische Untersuchungen. Bd 26. Lang, Frankfurt am Main 1995. ISBN 3-631-48390-2
  • Martin Hell: Kitsch als Element der Dramaturgie Ödön von Horváths. Europäische Hochschulschriften. Reihe 1. Deutsche Sprache und Literatur. Bd 617. Lang, Bern 1983. ISBN 3-261-03252-9
  • Dieter Hildebrandt: Ödön von Horváth. Mit Selbstzeugnissen und Bilddokumenten. Rowohlts Monographien. Bd 231. Rowohlt, Reinbek bei Hamburg 1998, 2001 (10.Aufl.). ISBN 3-499-50231-3
  • Ansgar Hillach: Ödon von Horváths dramatische Anfänge. Zur inhaltlichen Grundlegung seiner Dramaturgie. Nachwort zu Horváths frühe Stücke Mord in der Mohrengasse und Revolte auf Côte 3018. Suhkamp Verlag, Frankfurt am Main 1981, S.91-137. ISBN 3-518-01768-3
  • Klaus Kastberger, Nicole Streitler (Hrsg.): Vampir und Engel. Zur Genese und Bedeutung der Fräulein-Figur im Werk Ödön von Horváths. Praesens, Wien 2006. ISBN 978-3-7069-0357-8
  • Siegfried Kienzle: Ödön von Horváth. Köpfe des 20. Jahrhunderts. Bd 87. Colloquium, Berlín 1984 (2. Aufl.). ISBN 3-7678-0633-9
  • Henk J. Koning (2002): Nestroy und Horváth: eine ungleiche Brüderschaft? In: Orbis Linguarum Vol. 21/2002 [2] (eingesehen [26.01.2006])
  • Jürgen Kost: Geschichte als Komödie. Zum Zusammenhang von Geschichtsbild und Komödienrezeption bei Horváth, Frisch, Dürrenmatt, Brecht und Hacks. Epistemata, Literaturwissenschaft. Bd 182. Königshausen u. Neumann, Würzburg 1996. ISBN 3-8260-1182-1
  • Traugott Krischke: Ödön von Horváth. Kind seiner Zeit. Ullstein-Buch. Bd 26525. Ullstein, Berlín 1998. ISBN 3-548-26525-1
  • Traugott Krischke: Horváth auf der Bühne. 1926-1938. Dokumentation. Verl. der Österr. Staatsdr. Wien 1991. ISBN 3-7046-0172-1
  • Wolfgang Lechner: Mechanismen der Literaturrezeption in Österreich am Beispiel Ödön von Horváths. Stuttgarter Arbeiten zur Germanistik. Bd 46. Heinz, Stuttgart 1978. ISBN 3-88099-047-6
  • Winfried Nolting: Der totale Jargon. Die dramatischen Beispiele Ödön von Horváths. Literatur und Presse. Bd 2. Fink, München 1976. ISBN 3-7705-1314-2
  • Piero Oellers: Das Welt- und Menschenbild im Werk Ödön von Horvaths. Europäische Hochschulschriften. Reihe 1. Deutsche Sprache und Literatur. Bd 1087. Lang, Bern 1987. ISBN 3-261-03894-2
  • Hans-Peter Rüsing: Die nationalistischen Geheimbünde in der Literatur der Weimarer Republik. Joseph Roth, Vicki Baum, Ödön von Horváth, Peter Martin Lampel. Historisch-kritische Arbeiten zur deutschen Literatur. Bd 33. Lang, Frankfurt am Main 2003. ISBN 3-631-51072-1
  • Annette Schmollinger: "Intra muros et extra". Deutsche Literatur im Exil und in der inneren Emigration. Ein exemplarischer Vergleich. Beiträge zur neueren Literaturgeschichte. F. 3, Bd 161. Winter, Heidelberg 1999. ISBN 3-8253-0954-1
  • Christian Schnitzler: Der politische Horváth. Untersuchungen zu Leben und Werk. Marburger germanistische Studien. Bd 11. Lang, Frankfurt am Main 1990. ISBN 3-631-42614-3
  • Angelika Steets: Die Prosawerke Ödön von Horvaths. Versuch einer Bedeutungsanalyse. Stuttgarter Arbeiten zur Germanistik. Bd 11. Heinz, Stuttgart 1975. ISBN 3-88099-010-7
  • Elisabeth Tworek-Müller: Kleinbürgertum und Literatur. Zum Bild des Kleinbürgers im bayerischen Roman der Weimarer Republik. tuduv-Studien. Reihe Sozialwissenschaften. Bd 37. tuduv, München 1985. ISBN 3-88073-179-9

Ligazóns externas editar