O seminilunar é un óso da fila proximal do carpo, con forma de semilúa. É parte da articulación do pulso.

Superficies editar

O semilunar ten varias superficies articulares:

  • Superficie superior, convexa para el radio.
  • Superficie inferior, cóncava para a cabeza do óso grande a a extremidade superior do ganchudo
  • Superficie externa, chá e moi reducida para o escafoides
  • Superficie interna, chá tamén pero moito maior para artellarse co piramidal

Das dúas superficies non articulares do semilunar, a anterior é convexa e a posterior chá. Unha e outra son rugosas pero non se insire nelas ningún músculo.

Articulacións editar

É o segundo óso da primeira fileira do carpo; artéllase co radio, escafoide, piramidal, ganchudo e grande.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)