O órgano de Corti ou órgano espiral é un órgano do oído interno dos mamíferos. Atópase na cóclea e componse de células sensoriais auditivas coñecidas como células pilosas, que reaccionan a sons provocando vibracións de fibras nerviosas e enviando ao cerebro un impulso de determinada frecuencia. O órgano de Corti descansa sobre dúas fibras ou cordas da membrana basilar e consta fundamentalmente de dous piares que se unen formando un arco chamado arcada de Corti.

Corte da cóclea no que se ve o órgano de Corti en rosa.

As células pilosas non teñen capacidade de rexeneración e cando se lesionan se perde a audición, alén máis coa idade baixa a agudeza auditiva.

O seu nome débese ao anatomista italiano Alfonso Corti que, polas súas investigacións, conseguiu distinguir os diferentes compoñentes do oído a mediados do século XIX.

Véxase tamén editar