Óglaigh na hÉireann (CIRA)

Óglaigh na hÉireann, ÓnaÉ foi o nome empregado por unha pequena organización armada republicana irlandesa que se separou do Continuity Irish Republican Army (CIRA) en 2006 e que se mantivo activa ata 2009 e que utilizou o mesmo nome que segundo a lexislación irlandesa é a forma en irlandés das Forzas de Defensa Irlandesas.

Óglaigh na hÉireann (ÓnaÉ)
Organización armada de Irlanda do Norte
Creación2006
(Escisión do CIRA)
Área de operaciónsReino Unido
IdeoloxíaRepublicanismo irlandés
Esquerda
StatusConsiderado terrorista no Reino Unido

Nome editar

En irlandés, o título Óglaigh na hÉireann significa "voluntarios irlandesas". Ten sido empregado por varios grupos armados de Irlanda como é o caso dos Voluntarios Irlandeses de 1913, do que xurdiría o grupo coñecido en inglés como "Irish Republican Army" pero que en irlandés mantivo o nome anterior.

A súa abreviación correcta é ÓnaÉ, pero a miúdo abréviase o seu nome de xeito incorrecto como ONH.

Historia editar

En febreiro de 2006, a Independent Monitoring Commission sinalou que formárase un novo grupo republicano, de nome Óglaigh na hÉireann, xunto con outra organización, Saoirse na hÉireann, logo dunha escisión do IRA de Continuidade. O informe dicía que Óglaigh na hÉireann era responsable dun asalto, de varios dispositivos trampa e do roubo nunha oficina postal entre outubro e decembro de 2005[1]

Notas editar

  Organizacións armadas republicanas irlandesas  
Actuais: Cumann na mBan | CIRA | INLA | ÓnaÉ | RIRA | SnaÉ
Antigas: IPLO | IRA | Irish Volunteers | OIRA | PIRA | Saor Éire | Saor Uladh