Óbidos, Portugal

Óbidos é unha vila portuguesa do distrito de Leiria, na rexión Centro e subrexión do Oeste, na antiga provincia de Estremadura. Forma parte tamén da Rexión de Turismo do Oeste, con cerca de 3.100 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaÓbidos, Portugal
Óbidos (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°21′43″N 9°09′26″O / 39.361952, -9.157131Coordenadas: 39°21′43″N 9°09′26″O / 39.361952, -9.157131
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Leiria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.689 (2011) Editar o valor em Wikidata (82,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie141,55 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude49 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal2510 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico262 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-obidos.pt Editar o valor em Wikidata

É capital dun concello de 142,17 km² de área e con 11.922 habitantes (2021)[1], subdividido en 9 freguesías. O municipio está limitado a nordeste e leste polo das Caldas da Rainha, ao sur polo de Bombarral, a suroeste pola Lourinhã, a oeste por Peniche e a noroeste ten costa no océano Atlántico.


Freguesías editar

As parroquias de Óbidos son as seguintes:

Étimo do nome editar

Ao contrario do que se poida pensar, o nome Óbidos non deriva da parónima óbitos, senón do termo latino oppidum, significando «cidadela», «cidade fortificada», mais a evolución lingüística non é portuguesa, senón propia de romances mozárabes. Nas súas proximidades érguese a poboación romana de Eburobrittium.

Historia editar

Foi tomada aos mouros en 1148, e recibida a primeira carta foral en 1195, so o reinado de Sancho I. Óbidos era parte do dote de inúmeras raíñas de Portugal, salientando Urraca de Castela (esposa de Afonso II), santa Isabel de Portugal (esposa de Dinís), Filipa de Lencastre (esposa de Xoán I), Leonor de Aragón (esposa de Duarte), Leonor de Portugal (esposa de Xoán II), entre outras.

No 1527, vivían 161 habitantes na vila, o que correspondería a cerca de 1/10 da poboación do municipio. A área amurallada era xa nesa época idéntica á actual, ou sexa, 14,5 ha.

Foi de Óbidos onde naceu o concello das Caldas da Rainha, anteriormente chamado de Caldas de Óbidos (a mudanza do determinativo debeuse ás tempadas que aí pasou a raíña Dª. Leonor).

O 16 de febreiro de 2007, o castelo da cidade recibiu o diploma de candidata como unha das sete marabillas de Portugal.

Patrimonio monumental editar

A peculiar arquitectura de Óbidos, con rúas estreitas e casas pintadas de branco, ten atraído o turismo para a localidade, de xeito que todo o casco urbano intramurallas é digno de ser visitado. Con todo cómpre salientar os seguintes sitios de interese:

  • Pelouriño de Xoán II.
  • Casa do Telheiro.
  • Igrexa de Santa María, orixinada en época moi anterior, foi totalmente modificada no século XVI, con pinturas de notables portugueses como Joâo da Costa, Baltasar Gomes Figueira e a española Josefa de Óbidos.
  • Igrexa da Misericordia, barroca.
  • Igrexa de San Pedro, retablo con pinturas de Joâo da Costa.
  • Castelo, que conserva elementos antigos, e coa igrexa de Santiago, modificada en sucesivas épocas.
  • Museo Municipal, posúe restos arqueolóxicos e artísticos, como as pinturas de Josefa de Óbidos.

Fóra das murallas:

  • Igrexa de San Xoán Bautista, tamén con obras de Josefa de Óbidos.
  • Santuario do Xesús da Pedra, interesante templo barroco con planta central.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. INE, Instituto Nacional de Estadística. "Censo da População residente e da Habitação - Censos 2021". tabulador.ine.pt. Consultado o 2023-01-08. 

Véxase tamén editar