Évreux é un municipio francés situado no departamento do Eure, na rexión de Normandía.

Modelo:Xeografía políticaÉvreux
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°01′24″N 1°09′09″L / 49.0233, 1.1525Coordenadas: 49°01′24″N 1°09′09″L / 49.0233, 1.1525
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoEure Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación47.289 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.787,19 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921193 Traducir
Q3550931 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie26,46 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Iton (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude92 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Mayor of Évreux (en) Traducir Editar o valor em WikidataGuy Lefrand (2014–sen valor) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webevreux.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: EvreuxVille Twitter: VilleEvreux Instagram: villeevreux LinkedIn: mairie-et-agglom-ration-d'evreux Youtube: UCdgIp0GoBPB1HZNwxWMr5xQ Editar o valor em Wikidata

Os seus habitantes denomínanse Ébroïciens.

O nome de Évreux (na antigüidade Meiolanum Aulercorum, despois Eburovices e, na Idade Media, Ebroïcum) provén da tribo gala dos eburovices (literalmente: os que venceron polo teixo; eburo significa teixo en galo).

Xeografía editar

Évreux está situado a unha altitude media de 92 msnm, nas beiras do río Iton,[1] último afluente pola esquerda do Eure e, polo tanto, subafluente do Sena, no centro dunha inmensa meseta de cereais e outros cultivos que se coñece como a campagne d’Évreux. Está moi próximo ao bosque que leva o seu mesmo nome.[2]

O concello ocupa unha superficie de 26,46 km2 e no ano 2013 albergaba unha poboación de 49 722 habitantes, o que facía unha densidade de 1 879,14 hab./km².

Localizada no suroeste de Normandie, a cidade dista 96 km de París.

Demografía editar

Serie de poboación histórica de Évreux
(Fonte/s: INSEE-fr)
Ano19217931800180618211831183618461851185618611866187218761881188618911896190119061911192119261931193619461954196819751982199019992007
Poboación36 695800084269511972811706102871180212877122271226512320133501462715847167551693217766182921897118957182341884119315201162043623647425504741246045491035119851485

Historia editar

Antigüidade editar

Durante a Antigüidade, Évreux, que foi fundada a finais do século I a.C., denominábase Mediolanum Aulercorum, e foi a capital do pobo dos aulercos eburovices.[3]

A principios do Alto Imperio, os seus habitantes rendían culto aos deuses romanos no santuario de Gisacum, situado a cinco quilómetros da cidade.

Évreux tiña tamén na época romana varios edificios públicos, como un teatro, un forum e unhas termas, entre outoros.

Situada nunha encrucillada das vías Ruan-Chartres e Évreux-París, a cidade desenvolvera un comercio florecente. Os vasos encontrados na necrópole do Clos do Duque dan testmuña dos intercambios comerciais co centro da Galia.[3]

Unha inscrición (CII, 3202) confirma a existencia de actividade téxtil na antigüidade galo-romana.

 
Relicario de San Taurin

A finais do século III, durante os asaltos bárbaros, a cidade foi rodeada cunha muralla da que quedan restos no museo municipal.

Idade Media editar

 
A catedral de Évreux á beira do río Iton.

Évreux foi, en 989, a sede do primeiro condado de Évreux, e dun bispado, do que Taurin (morto c. 410), evanxelizador do territorio, foi o seu primeiro bispo. Posteriormente sería canonizado.

Os normandos tomaron a cidade en 892, e Lotario, rei da Francia Occidental. tomouna en 962.

Foi saqueada por Henrique I de Inglaterra en 1120.

En 1194 o rei de Francia Filipe Augusto confiou a custodia da cidade ao rei de Inglaterra Xoán sen Terra. Pero este traizoouno para facerse perdoar polo seu irmán Ricardo Corazón de León. Para iso, fixo asasinar 300 cabaleiros leais ao rei de Francia, e apoderouse da cidade en nome de Inglaterra. En represalia, Filipe Augusto queimou a cidade.[4]

O dereito a organizar unha feira ligada á abadía de san Taurin foi concedido polo seu fundador, o duque de Normandía Ricardo II, dereito que foi confirmado posteriormente polo rei Filipe Augusto.[5]

A finais do século XIII, Filipe III o Atrevido cedeu en apanaxe ao seu fillo, o príncipe Lois, o Condado de Évreux. Este príncipe francés daría orixe á Casa de Évreux, que reinaría en Navarra polo matrimonio do fillo deste, Filipe, con Xoana II de Navarra. Hoxe un barrio da cidade de Évreux leva o nome de Navarre,

Durante a guerra dos Cen Anos, a cidade foi tomada, en 1418, por Henrique V de Inglaterra. Retornou á soberanía do rei de Francia grazas á intervención de Robert Floquet.

En 1499 comezou a construción da nova sé do bispado, obra levada a cabo polo arquitecto Pierre Smoteau, en estilo gótico flamíxero.

Tempos modernos e época contemporánea editar

En 1793 François Buzot intentou, sen éxito, converter esta cidade nun centro de resistencia contra a Convención.

A cidade sufriu moitos ataques durante a segunda guerra mundial, e gran parte do seu centro tivo que ser reconstruído.

O museo municipal inaugurouse en 1961.

A cidade experimentou un desenvolvemento moi rápido durante os anos 70, coa implantación de industrias de transformación. A mellora das comunicacións con París permitiu que moitos traballadores parisienses se instalasen en Évreux.

Economía editar

  • Industria farmacéutica.
  • Imprentas: edicións Atlas.
  • Base aérea 105.

Irmandamentos editar

Notas editar

  1. Ficha do Iton Arquivado 27 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
  2. Doré, Francis e G. Bignot (2006): Normandie, Maine. Paris: Dunod. ISBN 978-2-100-50695-8, páx. 181.
  3. 3,0 3,1 Pluton-Kliesch, S. (2006): "Évreux l’antique, le cimetière du s. I", en Archéologia, 434: 80.
  4. Poignant, Adolphe (1854): Histoire de la conquête de la Normandie par Philippe-Auguste en 1204. Sagnier et Bray.
  5. Société libre d'agriculture, sciences, arts et belles-lettres de l'Eure, Évreux (1839): "Fundación da feira de san Taurin en Évreux" (en latín).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dimet, Jacques (1982): Évreux, cité capitale. París: Messidor. ISBN 978-2-209-06016-0.
  • Mineray, Jean (1988): Évreux: histoire de la ville à travers les âges. Luneray: Editions Bertout. ISBN 978-2-8674-3062-6.
  • Plaisse, André (1986): Évreux et les Ébroïciens au temps de Louis XI. Société libre de l’Eure, col. "Connaissance de l'Eure", nº 4.
  • Ramirez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: Roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. Le Chesnay: Éditions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5852-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar